Julián Reina reúnese cos veciños do Ensanche A para incluílo no ITE

O Concello de Ferrol estuda introducir o barrio no ámbito de actuación da Inspección Técnica de Edificios, permitindo numerosas reformas nos bloques máis afectados
EnsancheAA

O concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Julián Reina, mantivo esta mesma semana unha reunión con representantes veciñais do Ensanche A para escoitar as súas demandas máis urxentes ao tempo que atender as súas necesidades.

Incorporación do barrio no ITE

Durante o encontro, o edil e os veciños coincidiron na preocupación do necesario mantemento dos edificios do barrio, explicou Reina, polo que abordaron a posibilidade de incluír o Ensanche A no ámbito de actuación da Inspección Técnica de Edificios -ITE-, que actualmente intervén en Esteiro, A Magdalena e Ferrol Vello.

Tendo en conta a antigüidade dalgúns dos bloques do barrio, explica o edil, a concellería de Urbanismo está analizando a posibilidade de ampliar as intervencións da ITE a este barrio. De feito é un dos temas que onte mesmo se estudaron na reunión técnica que cada mércores celebra o seu departamento.

Traballos de roza nas inmediacións da pasarela de Santa Mariña

Reina tamén trasladou aos veciños do Ensanche A a recente finalización dos traballos de roza nas inmediacións da pasarela de Santa Mariña e a vontade da concellería de Urbanismo de impulsar os procedementos que seguen as licencias para instalar ascensores nos edificios.

Neste senso, o edil explicou que o Concello de Ferrol «manterá un contacto periódico coa asociación de veciños do Ensanche A con fin de establecer unha coordinación fluída e directa que nos permita avanzar neste asunto».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.