Ferrol avanza no plan de humanización do parque Fontelonga de Caranza

O parque gozará de novos farois, renovación de papeleiras e bancos, así como o acondicionamento das zonas de paseo e do peche da pista deportiva
F4

O concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Julián Reina, visitou esta mesma mañá o parque de Fontelonga, en Caranza, xunto con técnicos municipais e a presidenta da asociación de veciños do barrio para definir as actuacións que o Concello de Ferrol levará a cabo no espazo axardinado co fin de «humanizar» o parque.

Unha intervención «branda»

Durante a visita percorreron a zona para analizar diferentes posibilidades e valorar as mellores opcións para proxectar unha intervención necesaria en Fontelonga. A vontade do Concello é dotar o parque de novos farois, renovar papeleiras e bancos, habilitar zonas de paseo e acondicionar e mellorar o peche da pista deportiva.

O obxectivo é, puntualizou o concelleiro, «proxectar unha intervención branda que manteña a súa esencia, na que destaca a súa riqueza arbórea, ao tempo que modernice e potencie o parque como espazo de descanso dos veciños», expresou Reina.

O edil tamén trasladou á presidenta da asociación os detalles do proxecto de reparación do aglomerado da avenida do Mar, que afecta ao redor de dous quilómetros dunha das arterias máis transitadas da cidade. Teñen como obxectivo o reforzo do firme, desde o cruce da glorieta á música coa rúa Telleiras e a avenida Castelao, ata o acceso á avenida das Pías, e mellorar a sinalización da vía. O prazo de execución, xa en marcha, é de dous meses.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.