Un veciño de Ferrol e outra de Mugardos, investigados por varios delitos contra a seguridade viaria

O home fora detido por conducir sen cinto, sen vixencia no permiso de circulación e dando positivo en alcohol, e a muller que fora a recollelo tamén estaba baixo os efectos do mesmo
WhatsApp Image 2020-09-11 at 18.40.28

O Destacamento da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Ferrol investigou a dous condutores como presuntos autores de varios delitos contra a seguridade viaria.

Sen cinto, sen permiso de conducción e positivo en alcohol

Os feitos ocorreron na estrada N-651, no termo municipal de Fene, cando efectivos da mencionada Unidade observaron a un vehículo cuxo condutor non levaba abrochado o dispositivo de retención obrigatorio. Os axentes detivéronno para notificarlle a infracción, e ao comprobar a documentación verificaron que a vixencia do seu permiso de condución fora retirada por unha resolución xudicial firme.

Posteriormente realizáronlle as probas de detección de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas, arroxando un valor de 0,68 MG/ L en aire expirado e de 0,75 MG/ L na segunda. A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa, como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria e á incautación do vehículo, polo que o presunto autor dos delitos tivo que avisar a outra persoa para que o recollese.

Outro positivo en alcohol ao recoller ao primeiro infractor

Ao pouco tempo presentouse no lugar un vehiculo para recoller ao investigado e, ante os síntomas evidentes que presentaba a súa condutora de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, os efectivos do Destacamento realizáronlle as pertinentes probas de detección, arroxando un valor de 0,62 MG/ L en aire expirado na primeira e de 0,60 na segunda, polo que se procedeu á súa investigación como presunta autora dun delito contra a seguridade viaria.

Os investigados, xunto cos efectos incautados e as actuacións realizadas, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Ferrol.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.