Unha falsa alarma en Cobas mobiliza aos medios de Salvamento por mar e aire

Una sinal de radio UHF enviou unha mensaxe de "mayday" alertando de que había dous kaiaks á deriva
salvamar

Salvamento Marítimo mobilizou esta tarde, contra ás 18.30 horas, a dous efectivos de rescate para localizar a uns kaiaks que supostamente se atopaban á deriva nas costas de Cobas. O dispositivo púxose en marcha cando se localizou unha sinal UHF dunha estación de radio na que soamente se escoitaba «mayday, mayday, dous kaiaks á deriva», pero non respondía aos requerimentos de Salvamento Marítimo.

Foi nese intre cando o servizo de socorrismo de praias de Ferrol comezou a facer unha batida por terra con dous vehículos ao longo do areal de Esmelle e, posteriomente, rastrexouse a zona de Santa Comba. Según informou Salvamento Marítimo, o mar presentaba unha importante marexada, polo que era moi probable que as embarcacións foran arrastradas cara terra. Minutos máis tarde, sobre as 19.00 horas uniuse á búsqueda por mar a Salvamar Betelgeuse que peinou toda a costa de Santa Comba, Esmelle e o Islote de Sartaña.

Ao dispositivo de búsqueda uniuse tamén o avión Sasemar, que se atopaba en pleno voo preto da zona e achegouse ata ao litoral ferrolá para prestar axuda nas tarefas de rescate. Finalmente, tras case unha hora de batidas por terra, mar e aire, o resultado foi negativo e declarouse o aviso como falsa alarma. O dispositivo causou gran expectación entre os usuarios das praias e os veciños de Cobas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.