Os ataques de orcas a embarcacións nunca foron tan frecuentes como o están a ser nas últimas semanas nas costas galegas. Hai sete día un veleiro con base en A Graña que navegaba rumbo ás Rías Baixas sufríu o primeiro desta serie de ataques e quedou sen timón. Hai apenas catro días producíase o segundo destes episodios preto de Cabo Prior con idéntico resultado: un timón partido pola metade. E esta madrugada, outros dous veleiros sufriron a mesma sorte cando viaxaban preto da costa de Cedeira.
O primeiro foi veleiro «Amadeus», que contra a medianoite informou a Salvamento Marítimo de que un grupo de orcas estaban batendo contra o timón da embarcación ata que finalmente o perderon. A bordo ían dous tripulantes de nacionalidade francesa que se dirixían de Santander a A Coruña. Foi necesaria a intervención da lancha LS Langosteira para remolcalos ata Cedeira.
Pero non foi o único ataque deste grupo de orcas a pasada noite. Contra ás 03.00 horas da madrugada a embarcación «Urki I» deu aviso por radio a Salvamento Marítimo de que estaban sendo atacados por un grupo de orcas, que estaban a petar contra o casco do barco o contra o timón. Nese momento, o «Urki I», tamén con dous tripulantes a borde, atopábase a catro millas ao noroeste de Cedeira. O equipo de Salvamento movilizou de novo á lancha LS Langosteira que os remolcou tamén ata o porto de Cedeira.