A Deputación financia a rehabilitación da cociña do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, en Ares

O ente provincial invertirá un total de 128.885 euros dos 131.000 necesarios para levar a cabo as reformas planificadas neste cenobio do século XIV
tg_carrusel_cabecera_grande

A Deputación da Coruña e o Concello de Ares investirán 131.000 euros nas obras de reparación da cuberta da cociña do mosteiro de Santa Catarina de Montefaro, no concello de Ares. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, asinaron hoxe o convenio polo que o ente provincial financiará o 98% da actuación, investindo 128.855 euros, e o restante achegarase a través de fondos do Concello.

Obras a realizar

A iniciativa permitirá reparar a cuberta da cociña, dando solución aos problemas de filtración de auga de chuvia existentes na actualidade, e devolvendo a cuberta ao seu estado orixinal. A solución comporase dunha estrutura de madeira aserrada que se adapte ao ambiente húmido da zona e, á súa vez, instalarase un tensor metálico para que as vigas funcionen. O forxado realizarase mediante un taboleiro de madeira hidrófugo que será base para o illamento térmico e acondicionamento acústico do lugar.

Tamén se realizarán melloras no chan das salas, levantándose os baldosíns cerámicos, as lousas de pedra e os recrecidos que compoñen a sala principal e a máis pequena para substituílos por un novo recrecido e un pavimento liso continuo de 10 mm de espesor. Á súa vez eliminarase a parede que divide a sala principal en dúas.

Ademais, co proxecto prevense sanear a humidade que se pode apreciar nos muros do edificio. Farase a través dunha drenaxe perimetral para a recollida da auga de escorrentía, evitando que esta siga o seu curso fóra do alcance do muro. Tamén se avaliará a posible incidencia das raíces das árbores próximas, por se puideran causar algún efecto na cimentación da construción. Por último, destinarase parte da partida a reparación de incidencias nas xanelas, portas e faltas na fachada.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.