Gómez Noya imponse con autoridade no Triatlón Ciudad de Santander

A proba, lonxe do nivelo do olímpico ferrolán, foi un bo entrenamento de cara ás próximas competicións internacionais
EhzGMAaUcAA6yHq

O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya resultou gañador da nova edición Tríatlon Ciudad de Santander, disputada este domingo na contorna do Sardinero coa participación de 230 deportistas. A proba disputouse na modalidade olímpica sobre as distancias de 1.600 metros (natación), 36 quilómetros (bicicleta) e 10,6 quilómetros (carreira a pé). Gómez Noya, único quíntuplo campión do mundo da historia do tríatlon, regresou á escena europea en agosto no Grand Prix de Francia, en Châteauroux, onde quedou cuarto, e na Super League SLT Area Games de Róterdan, adxudicándose a medalla de bronce.

Ademais do cinco veces campión do mundo, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres (2012), catro veces campión de Europa nesta disciplina deportiva e agora gañador do Tríatlon Ciudad de Santander 2020, na competición tamén participaron Kevin Tarek (segundo clasificado), Gustavo Rodríguez, Peru Alfaro e James Teagle (terceiro clasificado). Na categoría feminina, Sara Pérez fíxose coa primeira posición, seguida de Anekke Jenkins e de Gurutze Frades. Nesta proba tamén participou a deportista Aida Valiño, entre outras.

Lonxe de ser unha proba ao nivel do olímpico ferrolán, foi un bo entrenamento de cara ás súas competicións internacionais. «Fixen unha boa natación, en bicicleta fun moi concentrado, tratando de ir moi forte, e na carreira a pé, mantendo o ritmo, sen ir a lume de biqueira, pero facendo unha boa carreira», explicou Gomez Noya.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.