O Concello de Narón ábrelles as empresas interesadas na execución das obras enfocadas á mellora de accesibilidade do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, o prazo para presentar as súas ofertas no Consistorio ata o vindeiro 29 de setembro. O importe de licitación ascende a 100.972 euros e o prazo para a realización dos traballos é de catro meses.
Ascensor e moitas máis melloras de accesibilidade
“Trátase dunha intervención moi necesaria nesta construción de dúas plantas e na que se imparten ao longo do ano varios cursos formativos dirixidos a diferentes colectivos», asegurou a alcaldesa, Marián Ferreiro, a que a maiores indicou que unha das actuacións a levar a cabo no edificio será a instalación dun ascensor, para mellorar a accesibilidade entre as dúas plantas.
Ademais, no proxecto tamén se contempla a dotación de vestiarios accesibles, a adaptación das portas, e melloras de sinalización -que inclúe un sistema de alarma con sinais visuais, ademais das acústicas que xa están instaladas-, así como a habilitación dun itinerario peonil accesible dende a praza de estacionamento accesible -no interior da parcela- ata o acceso ao edificio, salvando unha zona pendiente da rúa.
Así mesmo, a rexedora local apuntou que os traballos se cofinanciarán coa administración provincial, con cargo ao Plan Único de Concellos POS+ 2020.