As obras da rede ferroviaria interna de Caneliñas comezarán a principios de 2021

Este proxecto, que supoñerán un investimento global de 7,8 millóns financiada a traves de fondos Connecting Europe Facility da Unión Europea
3338263

Tal e como adiantou onte ENFOQUES.GAL,  a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao informou hoxe da nova licitación dos traballos da primeira fase da Rede Ferroviaria Interna e Instalacións de Intercambio Modal no Porto Exterior de Ferrol. Este proxecto, que supoñerán un investimento global de 7,8 millóns financiada a traves de fondos CEF ( Connecting Europe Facility) da Unión Europea, cando estea concluído permitirá aos diferentes operadores portuarios de Caneliñas dispoñer dunha conexión avanzada co acceso da dársena á liña convencional de tren que nestes momentos atópase en execución.

A primeira fase, que agora sae a licitación e que está orzada en 4,8 millóns, contempla a creación de dous ramais, o segundo deles completo e que se estenderá desde a entrada ao túnel do ferrocarril ao porto exterior ata unha praia de vías no extremo oeste da rada. Esta última infraestrutura equipada con tres vías está tamén incluída neste arranque do proxecto enfocado a dar servizo aos operadores que se dedican ao tráfico de mercadoría xeral. As obras poderían comezar a principios do ano que vén e a adxudicataria do contrato, se todo transcorre segundo o previsto, dispoñerá dun prazo de cinco meses e medio para levalas a cabo.

A segunda fase do proxecto á que destinarán 1,5 millóns de euros concluirá o outro ramal que comezará a construírse durante esta primeira fase e que transcorrerá en paralelo á vía perimetral e estará centrado no tráfico de graneis, tanto líquidos como sólidos.

Na construción dos dous ramais deixarase aberta a posibilidade dunha futura adaptación ao ancho internacional de vía, que é o que se está impoñendo no tráfico de mercadorías a nivel con- tinental. Grazas a esta previsión, a adaptación poderíase facer en cuestión de poucos días en canto fose requirida.

Por último, a terceira fase, dotada tamén con 1,5 millóns, sería a encargada de urbanizar unha zona de provisión na fronte da praia de vías para permitir aos operadores estibar a súa mercadoría antes de cargala para saír por tren fóra de Galicia ou despois de descargala das vías do ferroca- rril para o seu posterior envío por vía marítima ao seu destino.

Como se mencionou, o proxecto da Rede Ferroviaria Interna e Instalacións de Intercambio Modal no Porto Exterior de Ferrol (Fase I) forma parte do proxecto 2019-É- TA-0032- M financia- do pola Unión Europea no marco do mecanismo CEF ( Connecting Europe Facility) e contribúe á mellora das conexións ferroviarias aos portos marítimos e contribúe ao seu desenvolvemento.

 

Planos da primeira fase do proxecto do ferrocarril interno de Caneliñas

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.