Pontedeume amplía ata octubre as visitas guiadas da exposición «750 anos construíndo Pontedeume»

Os días 5, 6, 14, 20 e 30 de outubro en horario de 17.00 a 18.00 horas poderase visitar esta mostra con pezas históricas e reproducións relacionadas coa vila eumesa
DSC_6259

Debido á alta demanda de participación nas visitas guiadas á exposición «750 anos construíndo a historia de Pontedeume», o Concello de Pontedeume amplía o seu programa durante todo o mes de outubro.

A exposición, que está aberta ao público de forma diaria ata o día 4 de novembro en horario de 18.00 a 20.00 horas, volverá a acoller a realización de visitas guiadas, que se realizarán os días 5, 6, 14, 20 e 30 de outubro en horario de 17.00 a 18.00 horas. Para asistir ás mesmas é necesario realizar a inscrición previa na Oficina de Turismo ou no teléfono 981430270.

A historia de Pontedeume

Esta exposición articúlase ao longo de16 espazos conceptuais e pódense atopar tanto pezas históricas documentais como reproduccións de gran importancia vinculadas directamante coa vila eumesa.

Neste repaso pola formación da localidade destácanse algúns fitos como a orixe da ponte de pedra e as súas primeiras mencións documentais ou a importancia da existencia dos mosteiros na nosa comarca. Unha parte relevante da exposición está dedicada a Casa dos Andrade e ao seu mecenado, a evolución desde un estado da Familia dos Andrade ata a aparición dos concellos ou as Revoltas Irmandiñas.

Esta exposición é unha oportunidade para achegarse á historia da vila dunha maneira didáctica e amena nunha exposición que amosa o compromiso do Concello de Pontedeume coa riqueza documental, histórica, patrimonial e cultural nunha data tan importante como son os 750 anos desde a súa fundación.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.