O Mago Antón chegará a Narón esta fin de semana para cubrila de maxia

A Praza da Gándara e o Centro Cívico Social de Sedes son os lugares escollidos para esta nova dose máxica gratuita en horario de mañá e tarde
100049484_125605379142478_7306494193818402816_n

O Padroado da Cultura de Narón organizou varias funcións do espectáculo de maxia do Mago Antón «A volta a Galicia en 313 concellos» na Praza da Gándara e no Centro Cívico Social de Sedes.

As citas, de balde, serán este sábado 26 e o domingo 27 de setembro. Pola súa parte o edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que as prazas por cada unha das quendas son limitadas -30 espectadores como máximo cada función- e animou á veciñanza a apuntarse o mesmo sábado na Praza da Gándara ou dende hoxe no Centro Cívico Social de Sedes no caso de querer acudir ao do domingo 27.

As funcións en ambas xornadas serán ás 11.00, 12.00 e 13.00 horas e tamén en horario de tarde, ás 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas no interior do particular vehículo a través do que o Mago Antón representa o seu espectáculo por diferentes concellos.

Con motivo da actual situación sanitaria, tal e como indicou Sánchez Fojo, será obrigatorio acudir con máscara e manter a distancia de seguridade, se ben os asistentes terán á súa disposición xel hidroalcohólico.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.