Despois de que onte luns a curva ascendente de contaxios sufrira unha leve baixada ata os 177 casos -como suceden todos os luns polo descenso de pobras epidemiolóxicas-, o número diario de contaxios na área sanitaria de Ferrolterra volve a deixar unha importante crecida de contaxios nas últimas 24 horas.
11 casos máis e 8 altas epidemiolóxicas
Segundo os datos arrouxados pola Dirección Xeral de Saúde Pública de Galicia, son un total de 180 os actuais casos positivos na ára sanitaria de Ferrol. Esta cifra amosa un crecemento de 3 contaxios con respecto a onte e, tendo en conta que se contabilizaron 8 novas altas epidemiolóxicas, a cifra real de novos infectados pola Covid-19 ascende a un total de 11.
Con estas 8 persoas que deixan atrás o virus contabilízase un total de 833 casos non activos ou curados dende que comezou a pandemia.
Estabilidade hospitalaria
A pesar de que a subida e baixada de contaxios é unha constante nos vindeiros días, a situación nos centros hospitalarios é diferente. Segundo os datos producidos nas últimas 24 horas, a atención médica na UCI así como o número de hospitalizados sin necesidade de coidados intensivos mantense estable, sendo un total de 7 ingresados -5 en unidades de hospitalización e 2 en unidades de coidados intensivos-.
Estos datos confirman que esta segunda onda é moito menos preocupante para os centros hospitalarios xa que a gran maioría dos positivos -170 de 177- están a pasar o virus confinados nos seus respectivos domicilios.
Foco de 18 positivos en Ortigueira
Onde si aumenta a preocupación é en Ortigueira tras informar o pasado 19 de setembro do foco máis importante desde que comezou a pandemia, cun total de 14 casos activos. Pois ben, a información que chega hoxe dende o propio consistorio é a de que o número de contaxios no municipio ascendeu a un total de 18 positivos.
Por outra banda, a crise sanitaria no municipio está a ocasionar estragos entre o partido socialista de Juan Penabad Muras e o Partido Popular, despois de que o propio alcalde lamentara o comportamento dos populares, despois de que estes criticaran nas rúas redes sociais a información ofrecida desde a Alcaldía para que a poboación incremente as medidas de precaución. «Este non é o momento da batalla política, senón da batalla contra o virus», rematou a dicir o rexedor local
A pesar desta noticia séguense a manter as pertinentes probas a todos os contactos directos dos contaxiados. Ademais, quen o necesite ten á súa disposición dous números de teléfono para facer compras, retirar basura ou calquera outra necesidade durante as 24 horas.
De día estará en servizo o 604002167, e de noite o 603473044. A partir do luns habilitarase un segundo teléfono para o horario de día.