Descúbrese un novo castro no Concello de Mañón

A asociación sociocultural Mariña Patrimonio atopou este achado histórico que pretende incluir no Catálogo do Patrimonio Culltural de Galicia
120106478_2836714219894338_5359615543131958608_o

A asociación sociocultural Mariña Patrimonio vén de documentar un novo castro no concello de Mañón. O xacemento, situado na Ría do Barqueiro, concretamente na Punta Preguntoiro, na parroquia de Mogor, ten unha forma ovalada de aproximadamente uns 110×85 metros de diámetro.

Aínda que o sitio arqueolóxico atopase ateigado dunha morea de eucaliptos e cuberto dunha espesa matogueira, obsérvanse claramente tanto o foxo coma o parapeto que defendían este antigo poboado.

O novo achado histórico

Este ben patrimonial non figura nin no Catálogo do Patrimonio Culltural de Galicia nin no do PXOM de Mañón, polo que Mariña Patrimonio vén de solicitarlle á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural – Conselleria de Cultura a inclusión deste novo xacemento no Catálogo do Patrimonio Culltural de Galicia.

Como vén sendo habitual, e ante o temor de que a Consellería de Cultura non atenda a solicitude presentada por Mariña Patrimonio, esta asociación achegou tamén unha solicitude ao Concello de Mañón para que inste á DXPC a catalogar e protexer este novo castro documentado no seu Concello.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.