O Concello de Ferrol súmase a campaña «Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual 2020»

Esta acción consistirá na instalación dun stand informativo na cidade no que se ofrecerán obradoiros e información para concienciar sobre esta lacra social
eliminacion-violencia_0-689x400

A cidade de Ferrol vén de ser incluída na campaña Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual 2020 despois de que o Concello presentara a súa solicitude á Secretaría Xeral de Igualdade.

A concelleira de Igualdade e Muller, Cristina Prados, explicou que consistirá na instalación na cidade dun stand informativo no que se ofrecerá obradoiros divulgativos e información co fin de «concienciar á poboación dun problema de grandes dimensións».

A edil manifestou a súa satisfacción «pola participación da nosa cidade nunha campaña que trata de sensibilizar á sociedade ao tempo que acompañar e asesorar». Neste senso, insistiu Prados, «o Concello de Ferrol mostra o seu total apoio ás vítimas de violencia».

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.