O Concello de Ferrol realizará charlas e obradoiros nos centros escolares co fin de previr drogodependencias e ludopatías

A edil Eva Martínez reuniuse esta mañá con varias entidades sociais para intentar erradicar dúas problemáticas moi perigosas para a saúde da mocidade
adictos-videojuegos-ok

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, presidiu esta mañá unha nova reunión do Grupo de Traballo de Infancia, Familia e Adolescencia -integrado por Aspaneps, Ex-alcohólicos, Acción Familiar, Teima Down, Secretariado Gitano, Dignidad, Proinfancia, Asfedro e Ingada- na que se acordou manter un encontro co persoal técnico de Asfedro e Ex-alcohólicos para coordinar e pechar un programa de accións neste sentido.

Gran crecemento da ludopatía

Durante a reunión se analizaron os proxectos postos en marcha antes da pandemia co obxectivo de retomalos e adaptalos á nova situación. No tocante ás ludopatías, e tendo en conta que aumentaron como consecuencia do confinamento, «decidiuse dirixir os esforzos cara a prevencións das mesmas ampliando o traballo, como aconsellou Aspaneps, ao uso abusivo de xogos online, videoxogos e pornografía no móbil, ademais das apostas, que son a principal fonte de problemas na adolescencia”, afirmaba a edil.

Un estudo afectivo sexual nas aulas

En canto ao estudo afectivo sexual que estaba a desenvolver a entidade Acción Familiar e que quedou parado xusto cando se mandaran os cuestionarios aos centros educativos, Martínez Montero explicou que esta mañá se acordou retomalo e levar a cabo as enquisas e a análise dos datos no presente curso académico para logo desenvolver os obradoiros informativos ao longo do curso 2021-22.

A concellería de Benestar Social remitirá unha carta aos centros participantes para lembrar o proxecto e, así, poder continualo. Ademais, púxose enriba da mesa o impacto que está a ter a pandemia na infancia e adolescencia, polo que a concelleira, que amosou tamén a súa preocupación por este extremo, pediu ás entidades que presenten proxectos dirixidos a abordar dita problemática e, deste xeito, poder valorar o desenvolvemento dalgunha actividade sobre esta cuestión.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.