A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, publicou un vídeo nas súas redes sociais onde abriu o debate de se a cidade debería recuperar a súa bandeira propia institucional. Na publicación repasa a historia que levou a que hoxe en día A Coruña sexa «a única cidade marítima galega que non conta cunha insignia propia».
Tal e como ela asegura, «en 1845 A Coruña xa era branquiazul». Nese ano, a bandeira da cidade tiña un fondo branco e sobre el unha cruz azul de San Andrés con forma de aspa que servía para identificar legalmente aos seus barcos en alta mar. Co paso do tempo, deixou de ser un símbolo da cidade coruñesa para pasar a identificar ao territorio galego.
A situación cambiou o 22 de xuño de 1891, facundo agora 135 anos do suceso. O Goberno central emitiu un decreto para resolver un problema de diplomacia e seguridade marítima pois a bandeira da Coruña e a bandeira da mariña rusa eran prácticamente iguais. Debido a isto, decidiron borrar unha das aspas da cruz de San Andrés deixando só unha franxa azul diagonal sobre o fondo, é dicir, a actual bandeira galega. O deseño da bandeira da comunidade fixo que A Coruña sea hoxe en día «a única gran cidade marítima galega que non conserva hoxe unha bandeira propia».
A bandeira de Galicia, primeiro na Coruña
No seu vídeo, Inés Rey engade un dato histórico: a primeira vez que a bandeira galega ondeou de xeito oficial nun edificio público «foi na fachada do Palacio Municipal de María Pita, en 1920«. Isto débese a que, da petición por parte da Asemblea Nacionalista Galega —con figuras como Vicente Risco ou Ramón Otero Pedrayo— sosamente o Concello da Coruña, representado polo Antonio Lens Vieira, aceptou a iniciativa. O acto estivera impulsado polo edil republicano socialista galego Lois Peña Novo.
Ante isto, a alcaldesa reivindica a vinculación directa da orixe da bandeira de Galicia coa cidade da Coruña e abre o debate: «Quizais vai sendo hora xa de recuperar a nosa bandeira, porque facer bandeira da Coruña é tamén facer bandeira da nosa historia».
