O novo himno de Xoel López para o Dépor xa ten nome: ‘Voa’

Xunto a López estará a Orquesta Sinfónica, os Kilomberos de Monte Alto, o Coro Cantábile, as pandereiteiras da Xacarandaina e Susana Seivane
BeFunky-collage-7

A pasada semana os deportivistas puideron coñecer por fin o nome do que será o seu novo himno. O cantante coruñés Xoel López, encargado da súa creación, desvelou que se chamará Voa e estará inspirado no You’ll never walk alone do Liverpool.

«Co novo himno busco falar do que significa o Dépor para min, para un neno da Coruña nese momento, pero tamén do que significa o Dépor para o mundo», afirmaba o cantante durante unha rolda de prensa no Teatro Colón o día 30 de xullo. Nesta estivo acompañado do responsable de Marca do RC Deportivo, Borja Calvo, así como dos demais artistas que participan na obra musical. Alí desvelou Calvo que o himno sairá a luz, «horas antes do Teresa Herrera», neste caso sendo o torneo masculino entre o Dépor e o Real Madrid do 12 de agosto.

Un si rotundo

O artista coruñés contaba que o ano pasado a entidade púxose en contacto con el para compoñer a obra e, aínda que lle descolocaron todos os seus plans, non perdeu o tempo e púxose a traballar nel no momento. Tal e como contaba, «esa mesma noite xa tiña o 90% da letra, e aos dous días, xa estaba a maqueta do que vai ser o himno do meu equipo querido». Non é de estrañar, pois o artista é un gran afeccionado do equipo da súa cidade, «vivo o Deportivo como unha identidade», contaba.

Voa tratarase dun himno «con compromiso coa terra» e está pensado para soar nun estadio, de aí a inspiración no cántico do Liverpool, «eles din walk on, nós dicimos voa, Dépor».

A elección definitiva do nome do cántico provén do penúltimo partido da temporada en Abanca Riazor, onde a grada sacou unha pancarta na que podía lerse «Voa, Dépor, voa», o que lle indicou ao artista que ese debía ser o título da canción que uniría a todos os deportivistas.

Un himno cheo de talento galego

A creación do cántico do equipo coruñés non conta só con Xoel López pois, frente ao himno do 120º aniversario, Xoel López estará acompañado pola Orquesta Sinfónica de Galicia, os Kilomberos de Monte Alto, o Coro Cantábile, as pandereiteiras da Xacarandaina e a gaiteira Susana Seivane.

Os representantes da creación do himno durante a súa presentación / RC DEPORTIVO

Durante a presentación estiveron presentes representantes de cada un dos artistas do himno e puideron contar a súa experiencia na creación da obra. Tal e como explicaba Seivane, en canto saiu a noticia de que Xoel sería o encargado do himno, «púxenme en contacto con el e díxenlle «Xoel, non pode faltar unha gaita».

Doutra banda, Ana Pedreira, representante de Xacarandaina comentaba o importante que era para a asociación: «que haxa un anaco da nosa música de raíz parécenos precioso».

De parte da Orquesta Sinfónica de Galicia estivo presente a violinista Carline Bournaud, quen contaba a súa sopresa coa chamada e recalcaba a importancia de que a parte artística e deportiva da cidade xúntense nunha peza así.

A Coruña xa en marcha para o videoclip de Voa

O 29 de xullo comezou a rodaxe para o videoclip de Voa, o cal estendeuse ata o domingo 2 de agosto, entre o Orzán e a Marina. Trátase dun video onde decidiron contar coa parte esencial do Dépor, a súa afección. Esta puido acceder a participar na peza audiovisual a través da difusión de Google Forms entre distintas institucións con vínculos estreitos co clube, como o Orzán, o Santeros, a AFAC, Futuro, o Hogar de Santa Margarita ou a propia Fundación deportivista.

A afección do Dépor durante as primeiras xornadas da rodaxe do videoclip / @ELOYTP

Durante a primeira fin de semana de agosto, A Coruña tinguiuse de blanquiazul, cheando o Parrote dende as sete da madrugada de centos de deportivistas ilusionados por apoiar o aniversario do clube. Ademais, isto coincide cunha temporada moi importante para o Dépor pois, tras catro temporadas, volve a estar en Primeira División.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.