O PP oponse a que a Xunta utilice as súas competencias para afianzar o investimento de Maerks

Os de Rueda votaron hoxe en contra desta proposta do PSdeG para que o goberno galego apoie o proxecto anunciado pola multinacional danesa
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante un pleno do Parlamento galego
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante un pleno do Parlamento galego

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, lamentou hoxe o voto en contra do PP a unha proposta socialista tratando de recabar o apoio da Xunta á implantación do proxecto anunciado pola multinacional danesa do transporte de mercadorías por mar, Maersk, en Galicia. Seco presentou unha proposición non de Lei emprazando á Xunta a utilizar as súas competencias neste sentido que foi rexeitada polo PP. Seco lamentou o “grao de incapacidade” amosado polo presidente da Xunta antes e despois do anuncio do acordo entre o goberno de España e a multinacional do proxecto para implantar en Galicia un proxecto industrial para o abastecemento de combustible ecolóxico. Advirte que, malia que a empresa hai anos que opera no porto de Marín, o presidente da Xunta declarou un total descoñecemento do proxecto.

Lamentou a falla de interese amosado polo goberno galego no traballo de captación de proxectos industriais, limitándose a ofrecer unha “colaboración” sen precisar, o que “da a impresión de que unha vez máis será un brinde ao sol”. O parlamentario socialista advertiu que as políticas de captación de empresas do PP están máis próximas ás declaracións do alcalde de Arteixo, sinalando que o proxecto de Maersk lle daba “asco. Lembra que o proxecto da navieira inclúe dous grandes centros de abastecemento de combustible en España, un deles en Galicia e outro en Andalucía, que suporían un investimento de 10.000 millóns de euros e que xerarán 5.000 empregos directos, 40.000 indirectos e outros tantos na fase de construción.

O grupo socialista reclamoulle hoxe á Xunta que comprometera as súas competencias económicas, industriais e territoriais para unha maior captación de proxectos industriais, impulsando o proxecto de Maersk en Galicia. Reclamou un Plan de desenvolvemento das enerxías renovables racional e escrupuloso na tramitación ambiental, ademais de comprometido socialmente na creación de emprego e valor engadido no país.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.