• POLÍTICA
  • SOCIEDAD
  • ECONOMÍA
  • CULTURA
  • OPINIÓN
  • EN FOCO
jueves, mayo 25, 2023
  • Mi cuenta
  • Mi cuenta
Enfoques
  • A CORUÑA
  • A MARIÑA
  • COMPOSTELA
  • COSTA DA MORTE
  • EUME
  • FERROL
  • LUGO
  • ORTEGAL
No Result
View All Result
  • A CORUÑA
  • A MARIÑA
  • COMPOSTELA
  • COSTA DA MORTE
  • EUME
  • FERROL
  • LUGO
  • ORTEGAL
No Result
View All Result
Enfoques
  • Mi Cuenta
  • Mi cuenta
  • A CORUÑA
  • A MARIÑA
  • COMPOSTELA
  • COSTA DA MORTE
  • EUME
  • FERROL
  • LUGO
  • ORTEGAL
Home A Mariña Burela

A Deputación colaborou co Concello de Burela para mellorar e ampliar os servizos públicos dos veciños

A institución provincial aportou máis de 3 millóns de euros para o acondicionamento de rúas e estradas, equipamentos deportivos, o fomento do emprego e da actividade económica. e iniciativas culturais, turísticas e deportivas

Redacción Enfoques Autor Redacción Enfoques
20 marzo, 2023
Alfombra de Burela 2022

Alfombra de Burela 2022

Compartir en FacebookCompartir en Twitter
CONTIDO PATROCINADO

 

A Deputación de Lugo destinou máis de 3,1M€ de fondos provinciais ao concello de Burela para a mellora e ampliación dos servizos públicos dos veciños e veciñas. Os investimentos da institución permitiron o acondicionamento de rúas e estradas, a creación de emprego e o funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Estas actuacións súmanse ao impulso de actividades deportivas, tanto a nivel profesional como de base, e de iniciativas turísticas e culturais que dinamizan a nivel social e económico do municipio burelés.

Preto de 800.000 euros en infraestruturas

A Deputación inxectou cerca de 800.000€ en Burela para a mellora de distintas rúas e beirarrúas de céntricas vías da localidade. Por unha banda, traballouse na humanización da Rúa Rosalía de Castro, renovando o firme da vía, así como mellorando as beirarrúas e instalando mobiliario urbano para o uso da veciñanza, uns traballos cun orzamento de 150.000€.

Tamén se levaron a cabo obras en Marqués de Sargadelos e Nosa Señora do Carme para a rehabilitación das beirarrúas. No caso da rúa Marqués de Sargadelos, cun orzamento de 112.000€, trátase dunha mellora moi relevante, xa que é unha vía moi empregada pola veciñanza de Burela, pero tamén de toda a comarca, xa que da servizo ao Hospital da Mariña.

En materia de infraestruturas, grazas ao Plan Único da Deputación, o Concello de Burela destinou fondos á reparación do firme e de beirarrúas das rúas Castelao, Celso Emilio Ferreiro, Camiño Real e a avenida principal, Arcadio Pardiñas.

Presentación Feira do Bonito de Burela

Renovación da Marosa

A zona da Marosa conta nos últimos anos cun gran investimento para a súa renovación. Por unha banda, Concello e Deputación asinaron un acordo para a reposición do peche do campo de herba artificial que se atopa nesta zona cun investimento de 52.000€. Así mesmo e para este mesmo campo, o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, vén de firmar co Alcalde, Alfredo Llano, un acordo de colaboración co Concello a través do que a institución aportará 190.000€ para a renovación do céspede terreo de xogo.

A ambas actuacións, que suman 242.000€, hai que engadir a rehabilitación do parque da Marosa, especialmente utilizado polos máis pequenos en temporada estival, ao estar situado ó carón da praia.

 Estradas provinciais

A maiores, a Deputación de Lugo impulsa de maneira directa distinas actuacións no concello de Burela, entre as que destaca a mellora do firme e sinalización da totalidade da estrada da Marosa, a LU-P-1510, que conecta a vila burelesa con Cervo. Estes traballos contaron cun orzamento de preto de 124.000€ e afectan ao treito que vai do inicio da vía ata o punto quilométrico 9,301. Contemplan a reapertura de cunetas, drenaxe, limpeza, pavimentación e fresado nas zonas da vía que presenten algún tipo de fisura, un reforzo do firme na zona do polígono de Cuíña e a sinalización mediante marcas reflexivas brancas.

Trátase dunha actuación cunha gran importancia para a veciñanza, xa que é a vía de comunicación máis directa entre o concello de Burela e o de Cervo, e dá servizo ao polígono industrial. Ademais, é unha estrada moi empregada por turistas e visitantes nos meses de verán porque discorre paralela á costa. A Deputación acometeu tamén melloras na estada provincial LU-P-1502, de Burela a Ferreira do Valadouro por Vilaestrofe, cun orzamento duns 45.000€. Por último, en materia da rede viaria provincial nestas dúas vías tamén se realizaron outras melloras no firme e na sinalización. Ademais, a Deputación puxo a disposición do Concello a maquinaria e o persoal do Parque Móbil para desenvolver tarefas na localidade, como a limpeza das praias.

 

Sinatura do convenio con Expomar

Emprego

En materia de emprego, Burela destinou máis de 480.000€. Por unha banda, o Concello puido reforzar o persoal municipal ó longo destes anos con fondos do Plan único con 12 contratacións para postos de peón, auxiliar administrativo, socorrista ou técnico de turismo, entre outros.

Por outra banda, a Deputación colaborou con accións de apoio ao sector pesqueiro que contribúen ao impulso económico da localidade. A Federación Provincial de Cofrarías de Pescadores recibiu diferentes axudas da institución provincial para realizar unha función divulgativa das tradicións mariñeiras, así como para o funcionamento da propia entidade. Tamén a Fundación Expomar, con sede en Burela, conta con fondos provinciais para impulsar o sector náutico pesqueiro da Mariña e a comercialización dos produtos do mar coas Feiras Expomar e Produart.

Servizos sociais

Grazas aos recursos económicos achegados pola institución provincial, o Concello puido destinar 230.000€ ao mantemento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) dende o ano 2019.

Ademais, a Deputación colabora con entidades como a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas-AFAN Burela; a Fundación Eu Son; ou a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, entre outras.

Visita á sede de AFAN

A Deputación mantén unha importante liña de apoio á actividade deportiva en Burela, con colaboracións coa canteira do fútbol sala e deportes como a ximnasia rítmica, o baloncesto ou o fútbol, así como para a celebración de probas deportivas e cos equipos profesionais de fútbol sala.

Citas musicais, como o festival Osa do Mar, ou gastronómicas, como a Feira do Bonito, tamén recibiron o apoio da institución provincial para a súa celebración. Outros eventos que contaron con achegas provinciais foron o Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, as festas patronais ou o entroido.

También te interesa

Imagen de "Santiago Vai" | PSDEG DE SANTIAGO

El PSdeG lanza la página “Santiago Vai” con las actuaciones en cuatro años

25 mayo, 2023
Manifestación de los trabajadores de Navantia esta mañana

Protesta de la plantilla de Navantia Ferrol y respaldo de la corporación

25 mayo, 2023

La CIG alerta de la “saturación” del juzgado de Sarria por falta de personal

25 mayo, 2023

Escrivá ensalza a Diputación y Concello de Lugo como ejemplos de políticas de inclusión

25 mayo, 2023

Noticias del momento

Imagen de la campaña electoral de Rey Varela | PP FERROL

Rey Varela plagia su ciudad del deporte de Ferrol de centros deportivos de alto rendimiento

22 mayo, 2023
La Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal, formada por los ayuntamientos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño y Valdoviño ha celebrado la designación de esta zona como geoparque de la UNESCO

Cabo Ortegal ya es geoparque mundial de la UNESCO

24 mayo, 2023
O centro de interpretación A Mina, en As Pontes | CONCELLO DAS PONTES

O centro de interpretación A Mina, en As Pontes, abre este venres

25 mayo, 2023
El embalse de Vilasenín, en Ordes | TURISMO DE GALICIA

Localizan en un embalse de Ordes el cadáver de un pescador desaparecido desde miércoles

25 mayo, 2023

Fiesta racinguista en Ferrol: el Concello permitirá instalar pantallas y barras en la calle

25 mayo, 2023

Únete a nuestra newsletter

Si te suscribes a ENFOQUES.GAL recibirás las noticias más destacadas en tu correo electrónico

¡QUIERO SUSCRIBIRME!

Secciones

  • POLÍTICA
  • SOCIEDAD
  • ECONOMÍA
  • CULTURA
  • OPINIÓN
  • EN FOCO

Sobre nosotros

ENFOQUES.GAL es un proyecto informativo gallego que pone en valor la política, la cultura y la economía local.

  • Política de cookies
  • Política de Privacidad
  • Contacta

© 2021 Enfoques.gal - Enfócate en lo local

No Result
View All Result
  • A CORUÑA
  • A MARIÑA
  • COMPOSTELA
  • COSTA DA MORTE
  • EUME
  • FERROL
  • LUGO
  • ORTEGAL

© 2021 Enfoques.gal - Enfócate en lo local

¡Bienvenido de nuevo!

INICIAR SESIÓN CON FACEBOOK
INICIAR SESIÓN CON GOOGLE
O

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Inscribirse

Crear una nueva cuenta!

INICIAR SESIÓN CON FACEBOOK
INICIAR SESIÓN CON GOOGLE
OR

Complete lo formulario para registrarse

Le informamos que los datos personales que nos facilite voluntariamente, a través de los distintos formularios del sitio web, serán tratados por ENFOQUES INFORMATIVOS EDITORIAL SL con domicilio en AVDA FINISTERRE 3 3DCHA, 15004 – A CORUÑA, que cumple con las medidas de seguridad exigidas por la legislación vigente de Protección de Datos Personales. La finalidad de este tratamiento es la descrita en cada uno de los formularios establecidos en el sitio web en el que nos ha facilitado sus datos.

Los datos facilitados no serán cedidos a terceros salvo en los casos en que exista una obligación legal, y se conservarán durante el tiempo necesario para atender su solicitud siempre que no indique lo contrario ejerciendo su derecho de cancelación, o durante el tiempo necesario para cumplir con las obligaciones legales.

ENFOQUES INFORMATIVOS EDITORIAL SL no elaborará ningún tipo de “perfil”, en base a la información facilitada. No se tomarán decisiones automatizadas basadas en perfiles.

Asimismo, ENFOQUES INFORMATIVOS EDITORIAL SL cancelará o rectificará los datos cuando resulten inexactos, incompletos o ya no sean necesarios para su finalidad, de acuerdo con lo previsto en la legislación vigente en Protección de Datos de Carácter Personal.

A menos que nos notifique lo contrario, entendemos que sus datos no han sido modificados, que acepta notificarnos de cualquier cambio y que damos su consentimiento para su uso para mantener la relación entre las partes.

El usuario podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento, portabilidad de los datos y no estar sujeto a decisiones individualizadas, automatizadas, en relación con el objeto de tratamiento, ante el responsable del tratamiento en la dirección antes mencionada o por correo electrónico a [email protected]. En el caso de que no haya obtenido satisfacción en el ejercicio de sus derechos, puede presentar una reclamación ante la Autoridad Supervisora ​​de Protección de Datos competente y cuyos datos de contacto se encuentran accesibles en https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/reclamacion.jsfa.

ENFOQUES INFORMATIVOS EDITORIAL SL adopta las medidas técnicas, organizativas y de seguridad correspondientes de acuerdo con la normativa vigente en Protección de Datos de Carácter Personal. Sin embargo, no asume ninguna responsabilidad por los daños y perjuicios que se deriven de las alteraciones que terceros puedan ocasionar en los sistemas informáticos, documentos electrónicos o ficheros del usuario.

De conformidad con lo dispuesto en la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico en su artículo 21, le solicitamos su consentimiento para poder realizar comunicaciones publicitarias que consideremos que pueden ser de su interés, por correo electrónico o por cualquier otro significa comunicación electrónica equivalente.

Si autoriza el envío de información/publicidad y no desea seguir recibiendo más información al respecto, tiene derecho a oponerse y/o retirar dicho consentimiento, en cualquier momento, mediante notificación por escrito o por correo electrónico a la dirección/es previamente indicada/s.

Mostrar la política de privacidad

Iniciar sesión

Recupera tu contraseña

Ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión