Descubre a programación de ‘Vimianzo M.O.L.A: un castelo de lenda’

A Terra de Soneira volver acoller a segunda edición do 'Vimianzo M.O.L.A', tres días de literatura, arte e cultura para todos os públicos
Imaxe da presentación da nova edición do 'Vimianzo M.O.L.A' | Concello de Vimianzo
Imaxe da presentación da nova edición do 'Vimianzo M.O.L.A' | Concello de Vimianzo

Vimianzo volverá converterse nun espazo de encontro para a cultura, a creación artística e a memoria histórica coa celebración da segunda edición de ‘Vimianzo M.O.L.A.: un castelo de lenda’. A cita terá lugar do 4 ao 6 de setembro, co Castelo de Vimianzo como epicentro dunha programación que reunirá literatura, música, narración oral e diferentes propostas artísticas.

O evento aspira a consolidar o municipio como un referente cultural na Costa da Morte, reunindo autores e autoras galegos de recoñecido prestixio con creadoras e creadores vinculados á comarca. Ademais, a programación incorpora iniciativas como murais e obradoiros participativos, que buscan deixar unha pegada artística permanente e achegar a creación contemporánea á veciñanza e ás novas xeracións.

Imaxe de arquivo dunha edición anterior de ‘Vimianzo M.O.L.A’ durante unha sesión de muralismo | Concello de Vimianzo

Deixámosche a programación que reúne resentacións e sinaturas de libros, encontros con escritores, contacontos, monicreques, narración oral, música e visitas teatralizadas, entre outros.

Venres 4 de setembro

  • 18:00 h — 📖 Presentación de ‘A Biblioteca da Fisterranía’, de Modesto Fraga.
  • 18:00 h — 🧚 Contacontos ‘Os Contos de Shakespeare’, de Pedras de Cartón.
  • 19:00 h — 📖 Presentación: Julio Romero Suárez presenta ‘A Primeira Dama’.
  • 19:00 h — 🎭 Títeres: A Cova das Letras presenta ‘Costureiriña Bonita’.
  • 20:00 h — 🎤 Conversas a pé de páxina, con María Oruña e Arantza Portabales, moderada por Patricia Blanco.

Sábado 5 de setembro

  • 18:00 h — 📖 Mesa xuvenil con María Canosa (‘Dipnoi’) e Anxo Mouzo Moreira (‘A Princesa Dourada’).
  • 18:00 h — 🧚 Contacontos ‘Latexos’, de K’Paparota Teatro.
  • 18:00–21:00 h — 🎨 Instalación familiar: Trécola Producións presenta ‘Kinetiko’.
  • 19:00 h — 📖 Presentación: Nerea Pallares presenta ‘Punto de Araña’.
  • 19:00–20:00 h — ✍️ Sinatura de libros: Guadalupe Vázquez Formoso, con ‘A Voz Silenciada’.
  • 20:00 h — 🎤 Conversas a pé de páxina, con Alberto Lema e Rosalía Fernández Rial. Presenta e modera Patricia Blanco.
  • 21:00 h — 🎵 Concerto ‘Música para 6 poemas’, de Benxamín Otero e Rafa Fernández.
  • 22:00 h — 🏰 Visita teatralizada ‘Nouturnio’, de Os Quinquilláns.

Domingo 6 de setembro

  • 12:30 e 17:00 h — 🏰 Visitas teatralizadas de Os Quinquilláns.
  • 18:00 h — 📖 Presentación de ‘Lope Sánchez de Moscoso, un vizconde no tempo de Enrique IV de Castela’, de Manuel Canosa Trillo.
  • 18:00 h — 🧚 Contacontos: David Acera presenta ‘¿Por qué los pájaros no tienen Rey?’.
  • 18:45 h — 📖 Presentación: Alberto Mancebo presenta ‘Os 3 nomes de Sartegua’. Presenta Ana Gayoso.
  • 19:00–20:00 h — ✍️ Sinatura de libros: José Pardiñas Alvite, con ‘En vísperas de nada’.
  • 19:30 h — 🎵 Narración e música ‘Lavandeiras’, de Vero Rilo.
  • 20:15 h — 🎤 Conversas a pé de páxina, con Montse Fajardo, Luís Sánchez e Luís Lamela, moderada por Patricia Blanco.

Ademais, impulsaranse clubes de lectura infantil e adulto na Biblioteca de Vimianzo e, dende o 24 de agosto, Cristian F. Caruncho realizará un mural XXL na R/Rosalía de Castro, 7 en San Vicenzo. Tamén vinculado ao ámbito artístico, do 27 ao 28 de agosto estarase elaborando un mural colaborativo para participantes de entre 8 e 16 anos.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.