Cajoto busca «consolidar Foz como a referencia da Mariña»

O candidato socialista aposta por un “Foz para vivir”, onde “fomentaremos o deporte, os asuntos sociais, o coidado do Medio Ambiente e o impulso da Cultura"
Imagen de archivo de Fran Cajoto, alcalde de Foz
Imagen de archivo de Fran Cajoto, alcalde de Foz

O Alcalde e candidato á reelección polo PSdeG en Foz, Fran Cajoto Caserío, pechou este venres unha intensa campaña electoral pedindo o voto para a candidatura que encabeza porque “temos que consolidar Foz como a referencia da Mariña”. Fíxoo ante unha Sala Bahía ateigada de veciños e arroupado polos membros do seu equipo, e tamén polo o voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, e o Senador por Lugo, César Mogo.

O rexedor foi claro ó dicir que “é necesario que ninguén se quede na casa e que todos os veciños e veciñas vaian ás urnas, que voten socialismo porque iso significará que terán garantido o traballo e o esforzo para seguir mellorando Foz”. Pediu un apoio masivo para poder “desenvolver os proxectos que temos en mente sen atrancos, e ante a ameaza dun Partido Popular carente de respecto e sen plan de goberno”. “Preséntome de novo co maior dos sorrisos”, así dixo sentirse ante esta cita electoral coa que quere “aumentar a confianza logrando unha maioría de apoios que permita unha xestión sen ataduras”. “Apelamos a todas as persoas, aos que se quedaron na casa, aos que votaron socialismo noutras eleccións e aos que non, a todos e a todas”, dixo.

O alcalde socialista reflexionou sobre o moito que avanzou Foz nos últimos catro anos grazas á xestión do seu equipo. “Presentamos daquela un programa completo, que cumprimos en gran medida, e a xente confiou en nós”, lembrou, ao tempo que “revalidamos ese compromiso cun novo programa que incide, despois de levar a fibra óptica ao territorio, na conectividade das nosas parroquias, na mellora da accesibilidade e das comunicacións do casco urbano, e en dotar a Foz das infraestruturas que necesita, como o actual asilo”, incidiu.

Para os próximos anos Cajoto aposta por un “Foz para vivir”, onde “fomentaremos o deporte, a mellora do servizo de Asuntos Sociais, o coidado do Medio Ambiente e o impulso da Cultura, que é o que nos move a traballar”, expresou ante a súa veciñanza.

Pola súa banda, o Senador César Mogo subliñou que os alcaldes socialistas “sempre dan a cara polos seus veciños, non se esconden, nas boas nin nas malas”, poñendo como exemplo a Cajoto, pois “Foz tivo estes catro anos un alcalde que estivo a pé de obra, cando a xente o necesitou, e, por iso e polas políticas que levou a cabo, os veciños vanlle revalidar a confianza como Alcalde, e por iso e por moito máis pido o voto para el e o seu equipo”

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.