A ficción ‘Animal‘, protagonizada por Luis Zahera e rodada integramente en Galicia, acaba de dar un salto histórico ao ser nomeada aos Emmy Internacionais 2026 na categoría de Mellor Comedia. A produción convértese así nun dos cinco títulos españois que competirán este ano nos galardóns que se entegrarán o 23 de novembro en Nova York.

A serie, que levou á pantalla a retranca galega a través das aventuras do veterinario Antón e das peculiares situacións que xorden coa súa clientela, consolidouse como un dos maiores éxitos de Netflix en fala non inglesa. O seu impacto levou a plataforma a impulsar a rodaxe simultánea da segunda e terceira tempada, con localizacións en Santiago, Vedra, Teo ou Pontemanceira.
A candidatura de Animal situa de novo a Galicia no mapa internacional audiovisual. A produción competirá con títulos de Arxentina, Reino Unido e India, nunha das categorías máis celebradas dos premios. A presenza galega nos Emmy non remata aquí: tamén figura entre as nominadas «Anatomía de un instante», producida polo pontevedrés José Manuel Lorenzo, que opta ao galardón de Mellor Miniserie.