Os socialistas denuncian a falta de coidados paliativos na maior parte dos concellos da Mariña

Protestan que "actualmente os servizos de Paliativos e HADO non se están prestando de xeito presencial en 10 dos 14 concellos da Mariña"
Hospital A Mariña
Hospital A Mariña

Os socialistas denuncian novamente que a Xunta de Galicia mantén un só equipo médico para cubrir o servizo de Paliativos e HADO do Hospital da Mariña. Advirten de que «dende fai meses só hai un médico e un enfermeiro neste servizo, cando terían que estar traballando dous equipos sanitarios” para dar cobertura a toda A Mariña. Dende o PSdeG inciden en que xa denunciaron esta mesma situación hai preto dun ano, “incluso se aprobaron iniciativas parlamentarias, co apoio do PP, nas que se solicitaba chegar á dotación inicial todos os días da semana co obxectivo de poder retomar a atención presencial na totalidade dos concellos do distrito sanitario da Mariña”.

O servizo de HADO ofrece unha alternativa asistencial á hospitalización convencional, para atender entre outros a doentes oncolóxicos, infecciosos, con cirurxías complexas, crónicos ou en estado terminal. “Os doentes e as súas familias están padecendo unha delicada situación, algúns deles con patoloxías crónicas ou terminais, e que actualmente só reciben atención telefónica”. A maiores, moitas veces son derivados á atención primaria, onde tamén se vive unha “situación caótica”.

Actualmente, os servizos de Paliativos e HADO non se están prestando de xeito presencial en 10 dos 14 concellos da Mariña, quedando, polo tanto, máis do 60% da súa poboación sen servizo. “Queremos que se cubran de xeito urxente as vacantes desta especialidade, máxime, nun servizo que atende a doentes con necesidades moi especiais, e que tamén afecta ás súas familias”, remarcan.

En relación coa «precariedade» nos medios sanitarios que padece a provincia pola «nefasta xestión da Xunta», o Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, denunciou onte mesmo a situación de abandono que esta padecendo á veciñanza do seu concello. Avanzou que esta disposto a mobilizar aos seus veciños e recoller sinaturas, “xa que só hai un médico en descontinuo e cubrindo o servizo dous ou tres días á semana no noso centro de saúde. Só atende unhas horas e non sabemos nin cales», asegurou.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.