Viveiro acolle este venres a súa I Andaina Solidaria

O obxectivo desta iniciativa, organizada polo Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, é por en valor a importancia da saúde mental entre os máis novos
Imaxe do Concello de Viveiro
Imaxe do Concello de Viveiro

Os rapaces do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, coa colaboración do Concello de Viveiro e da Asociación Cultural Branque, organizan este venres, 28 de abril, a primeira edición da Andaina Solidaria con motivo do Día Internacional de Deporte polo Desenvolvemento e a Paz que se conmemorou este mes. O obxectivo desta iniciativa é por en valor a importancia da saúde mental entre os máis novos.

“Todos os involucrados nesta Andaina Solidaria consideramos que é unha iniciativa marabillosa por parte dos integrantes do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro. Estamos convencidos de que suporá un punto de partida no proceso de eliminación de prexuízos e estigmas en relación aos problemas de Saúde Mental, especialmente nas mais pequenas e pequenos”, afirma a Concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.

A participación é aberta polo que poderá unirse á Andaina calquera persoa interesada. Xa está confirmada a participación de alumnado de diversos Centros Educativos da contorna, como o CEIP de Celeiro e o CPR Landro. As doazóns, a partir de tres euros, estarán destinadas a axudar no labor da Asociación Saúde Mental A Mariña, que este mes cumpre o aniversario da súa chegada a Viveiro.

A I Andaina Solidaria partirá este venres ás 11:30 horas, cunha ruta que comezará e rematará na Praza Maior de Viveiro e transcorrera polo Paseo da Variante, o Paseo Fluvial do Río Landro e o Monasterio da Nosa Señora de Valdeflores. No percorrido haberá instalados códigos QR elaborados polos rapaces do Grupo de Participación Xuvenil nos que haberá información sobre a importancia da atención e dos coidados á Saúde Mental.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.