Viveiro celebra do 17 ao 23 de outubro a cuarta edición de Superarte

A mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional propón un amplo programa de actividades gratuítas, alén das funcións
Imagen de archivo de la presentación de Superarte | Concello de Viveiro
Imagen de archivo de la presentación de Superarte | Concello de Viveiro

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron hoxe a 4ª edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional. Este ano, a iniciativa impulsada polo Concello de Viveiro celebrarase entre o 17 e o 23 de outubro.

A mostra conta en cada edición coa colaboración dunha asociación. Para este ano, o Concello de Viveiro implicou á Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC). “Agradecémoslles o seu esforzo guiándonos na programación desta edición”, sinala a responsable de Cultura.

Durante unha semana, Superarte proporá unha ampla programación gratuíta, na que se inclúen varios eventos alén das obras de teatro. Entre outras actividades, programáronse exposicións, faladoiros, contacontos, un rastrillo solidario e un concurso en colaboración co comercio local.

Ademais, o programa deste ano contempla varias actividades dirixidas á mocidade. “Un dos nosos obxectivos é plantar a semente da inclusión na rapazada para crear así unha sociedade inclusiva no futuro”, explica a concelleira de Cultura.

“Superarte é un dos grandes exemplos do noso esforzo como Goberno local por acadar un Viveiro máis inclusivo. Un proxecto que cumpre a súa cuarta edición como un referente na visibilidade das persoas con diversidade funcional ”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. “Esta mostra é un evento pioneiro porque outorga espazos nos que as persoas con diversidade funcional expresan a súa arte e crean relación co resto da comunidade”, finaliza a edil de Cultura, quen agradeceu a implicación das distintas asociacións no proxecto.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.