Viveiro inaugura maña o ‘banco violeta’ polos actos do 25N

“Facémonos eco desta iniciativa de poñer bancos lilas nos concellos para dar conta e lembrar a todas as mulleres que foron vítimas de violencia de xénero nos últimos anos”, explican desde o Concello
Imaxe do banco violeta
Imaxe do banco violeta

O Concello de Viveiro continúa mañá xoves a programación con motivo do 25-N, Día Internacional contra a violencia de xénero. A partir das 17:30 horas, a Praza da Habana acolle a inauguración do ‘Banco Violeta para a Reflexión contra a Violencia de Xénero’, unha iniciativa levada a cabo en colaboración coa Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela (Bumei). María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, fai un chamamento “a concienciar e visibilizar esta lacra social da violencia de xénero, temos que estar preto das vítimas e axudalas, aumentando os recursos para rematar o antes posible esta loita”.

“Facémonos eco desta iniciativa de poñer bancos lilas nos concellos para dar conta e lembrar a todas as mulleres que foron vítimas de violencia de xénero nos últimos anos”, detalla pola súa parte Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Muller. “Deste xeito, queremos amosar a nosa repulsa e visibilizar esta lacra”, engade. No acto procederase á lectura dun manifesto por parte de dúas integrantes do grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro e pecharase cunha intervención artística por parte de David Bellas. O propio venres 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, organizarase a marcha ‘En negro contra as violencias’ que sairá dende Castelos (Covas) para rematar na Praza Maior de Viveiro, onde se lerá o manifesto institucional.

Haberá paraugas conmemorativos a disposición dos asistentes para protexerse das posibles inclemencias do tempo así como camisetas doadas pola Deputación de Lugo. Ao finalizar o acto, todas as persoas que participen poderán desfrutar dun chocolate con churros. «O compromiso coa loita contra a violencia de xénero por parte do Concello de Viveiro queda patente nun programa de actos con motivo do 25N de claro carácter transversal e no que se propoñen diferentes actividades ao longo de varios meses», explican desde el goberno local.

Así, as citas continuarán o martes día 29, ás 20:30 horas, coa representación no Teatro Pastor Díaz de ‘Continente María’, unha gran peza da escena galega actual de Ainé Producciones, e a obra ‘Fillas Bravas’ de Chévere, o sábado 3 de decembro. Ao longo do ano sucederanse tamén os obradoiros sobre sexualidade nos I.E.S. María Sarmiento e Vilar Ponte, a cargo da sexóloga Raquel Graña, levarase a cabo un taller de creación audiovisual contra a violencia de xénero, no que participará o Grupo de Participación Xuvenil, e dende o club de lectura en feminino, dinamizado por Estíbalez Veiga, crearase o ‘Recanto Violeta’.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.