Viveiro inaugura Superarte coa mostra de pintura ‘Visión Iniciática’

A mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional programa actividades ata este domingo, 23 de outubro

Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro inaugurou a pasada tarde do luns unha nova edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, que programa actividades ata este domingo, 23 de outubro.

 “Unha cita que cumpre xa este ano a súa cuarta edición, exemplo do seu éxito e do compromiso do Concello de Viveiro coa inclusión”, destacou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, durante o acto de inauguración.

Cada ano, Superarte reivindica a inclusión dun colectivo. Deste modo, o Concello de Viveiro decidiu implicar neste ano á Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas -FEGEREC-. Dita entidade realizou durante o día do martes varias sesións de sensibilización nos centros educativos de Viveiro. “Agradecémoslle á FEGEREC o seu esforzo guiándonos na programación desta edición”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Tras o acto de inicial de Superarte, inaugurouse a mostra de pintura ‘Visión Iniciática’, do pintor Xolo. A súa obra pode visitarse na recen renovada sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.

Salir de la versión móvil