Viveiro pon en marcha o programa ‘Reconecta-te’ para os maiores de 65 anos

O programa inclúe nas próximas semanas clases de iniciación ós bailes de salón, ioga para maiores e un taller dinámico de nutrición e actividade física
Envejecimiento activo

O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades o fomento dos hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas, e no marco deste obxectivo pon en marcha o programa ‘Reconécta-te’ para as persoas maiores de 65 anos.

O programa inclúe nas próximas semanas clases de iniciación ós bailes de salón, ioga para maiores e un taller dinámico de nutrición e actividade física. Ademais, o 23 de outubro haberá unha tarde de festa.

“Traballamos desde hai tempo para impulsar o envellecemento activo e para elo organizamos desde o concello estas actividades, dirixidas a homes e mulleres a partir de 65 anos”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Todas as sesións serán na sala multiusos do Concello de Viveiro, con diferentes horarios para adaptarse ás necesidades das persoas interesadas.

As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse ata o 10 de outubro, presencialmente de 09:00 a 14:00 horas na casa do concello, no teatro Pastor Díaz ou enviando un correo electrónico a [email protected]

Cartel do programa
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.