A píllara de Razo está de volta e estrea plumaxe de madeira: unha nova coraza, máis resistente e duradeira

A súa renovación coincide cun taller que se impartirá este sábado 22 para que os veciños poidan facer a súa píllara en miniatura
BeFunky-collage-7

A emblemática píllara de vimbio das dunas de Razo regresou por fin á súa ubicación habitual. Aínda así, ven coa súa pel mudada xa que a escultura instalada no 2019 e feita polo artesán carballés Fabián Lage e Iodia Cuesta, estrea unha nova cuberta de madeira, un material moito máis resistente.

Unha coraza que permite á escultura asegurar mellor a durabilidade da escultura, evitando que os fortes ventos e as choivas non poñan en perigo á píllara de Lage e Cuesta, situada en primeira liña da costa.

Unha experiencia colectiva para a creación da peza

A peza é un símbolo claro do programa ‘Eu quero Razo-Baldaio’ e a súa orixe parte dunha experiencia onde participaron o propio creador Lage -quen construiu a estrutura de ferro- e a artesá e bióloga Iodia Cuesta, quen dirixiu un taller de cestería no que participaron veciños da zona para elaborar a cuberta de vimbio.

Dende o inicio, a escultura non só representaba unha das aves máis características e vulnerables da zona, senón que tamén funcionaba como un colector simbólico de plásticos recollidos na praia. Sete anos depois, as súas funcións seguen intactas, pero cun cambio que busca que perduren moito máis no tempo.

A píllara de Razo antes e despois | CONCELLO DE CARBALLO

A renovación da peza coincide cunha actividade pensada para este sábado 22 de agosto, de 11.00 a 13.00 horas, onde Fabián Lage impartirá un taller en Razo chamado ‘A túa píllara’, no que os participantes poderán crear unha reproducción en miniatura da escultura. As prazas xa están cubertas.

A píllara precisa de sol, mar e area

Coma unha máis, na praia que busca atopar o mellor recuncho, a píllara das dunas é unha ave que precisa da praia para sobrevivir. Cada primaveira regresaá costa para reproducirse e soe facelo á zona da praia onde naceu, un comportamento coñecido como filopatría.

O seu período de cría, entre marzo e agosto, coincide coa época de maior afluencia nas praias, o que sitúa a esta especie como vulnerable e sumamente protexida. De feito, en múltiples ocasións cancélanse eventos ou traballo nas praias ou mesmo se prohíbe o paso de cans para evitar poñer á en perigo á especie.

Imaxe da píllara das dunas | ARQUIVO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.