O estaleiro de Navantia Fene acolleu esta mañá o acto institucional da firma do contrato entre Iberdrola, Navantia e Windar para a construcción de 62 jackets para o parque eólico mariño de Saint-Brieuc, que a compañía enerxética desenvolve en augas da Bretaña francesa. O evento, contou coa presencia do presidente de Iberdrola, Ignacio Galán; da presidenta de Navantia, Susana de Sarriá; do presidente de Windar, Orlando Alonso, ademáis do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Tamén acudiron outras personalidades como o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o Delegado do Goberno, Javier Losada, os alcaldes de Ferrol e Fene e directivos do tecido produtivo da comarca.
O contrato, con un importe de de 350 millóns de euros, supón o mayor da historia para a UTE Navantia-Windar no sector da eólica mariña, no que iniciaron a súa andadura co parque mariño Wikinger en 2018. En concreto, o acordo asinado hoxe comprende a fabricación dos jackets —as estructuras que soportan os aeroxeradores— nas instalacións de Navantia Fene e dos pilotes por parte de Windar na súa sede de Avilés. O emsamblaxe final de todos os compoñentes realizarase tamén na factoría fenesa da antigua Astano.
Con esta nova e histórica adxudicación afiánzase a alianza de máis de seis anos entre Iberdrola e o grupo Navantia-Windar, que suma xa contratos por un valor de preto de 1.000 millóns de euros, incluíndo os encargos xa rematados dos parques eólicos de Wikinger, no mar Báltico e do East Anglia One en augas británicas.
Carga de empleo
O contrato suscrito hoxe dará emprego a máis de 2.000 profeionais de forma directa, dos cales case 1.000 o farán entre os estaleiros de Fene e a sede de Windar en Asturias, e o resto en Francia, no porto de Brest, onde Navantia xa traballa para implantar un centro loxístico do sector mariño. Nese hangar que a empresa pública española está a construir, vanse fabricar os stabbings, que son os nudos inferiores e a estructura de celosía para 34 dos 62 jackets. Ademáis deste 2.000 empregos, sumaranse outro varios miles con empresas auxiliares e contratistas locais de Ferrolterra, Avilés en Francia.
A granxa eólica mariña
O parque eólico de Saint-Brieuc disporá dunha potencia de preto de 500 megawatios e será capaz de xerar enerxía limpa para satisfacer o consumo de electricidade de máis dun millón de habitantes da zona da Bretaña. A súa superficie será duns 78 km2 e a súa instalación prevese para 2022 e o seu uso para 2023.
Iberdrola investirá máis de 2.400 millóns de euros neste proxecto, cun marcado carácter europeísta, xa que une a experiencia e o coñecemento acumulado da empresa española Navantia e a aposta francesa pola senda da recuperación verde e sostible marcada desde a Unión Europea.
Aposta polo futuro
Este novo contrato, tal e como explicou o presidente de Iberdrola, Ignacio Galán, durante o acto, “serve para consolidar a capacidade de Navantia-Windar no aproveitamento de oportunidades que ofrece o mercado do futuro como é a eólica mariña”, no que Iberdrola ostenta actualmente o liderazgo mundial.
Neste senso, Ignacio Galán sinalou que este contrato, ademáis de avanzar cara unha enerxía limpa, pon de manifesto que a economía verde “é un gran polo de industralización e de emprego sostible e de calidade”. Galán dixo estar convencido de que “as empresas de Ferrolterra poden facer aportacións relevantes e xogar un papel fundamental na estratexia ambiental europea cara unha economía baixa en carbono”.
Pola súa banda, o presidente Núñez Feijóo resaltou e agradeceu o compromiso de Iberdrola coa factoría de Navantia e con Galicia e insistiu en que o naval é un sector clave para a economía galega. Respecto diso, trasladou a súa preocupación polos próximos dous anos de Navantia Fene-Ferrol.
“Navantia necesita seguridade na súa carga de traballo e o Goberno galego vai seguir apoiándoa para que este estaleiro non quede sen ela e para que as fragatas, consignadas no orzamento do 2018 cunha primeira partida de 250 millóns de euros, poidan no menor prazo posible empezar a construírse”, dixo, insistindo en que a comarca non pode vivir dous anos sen pedidos.
Discussion about this post