Ferrol é o único área sanitaria sen rebrotes de coronavirus de toda Galicia

Desde o pasado 11 de xullo só hai un caso activo nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, mentres que 584 veciños xa superaron o virus
DSC_2150

O área sanitaria de Ferrol é o único de toda Galicia que non experimentou polo momento ningún caso de repunte e mantén unha tendencia á baixa desde o mes de maio. Actualmente só hay rexistrado un doente activo desde o pasado sábado día 11 de xullo, polo que de non rexistrarse novos casos, as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal poderían quedar libres de Covid-19 nos próximos días e sería o primeiro área sanitaria en logralo na nosa comunidade.

A pasada semana Pontevedra tiña, ao igual que Ferrol dous casos activos e actualmente conta con 7 contaxios. Ourense chegou a ter só un activo e hoxe ten catro. A Coruña pasou de 19 o pasado sábado aos 26 actuais. En Santiago mantense unha liña máis descendente, aínda que nos últimos dous días apareceron dous novos casos e conta actualmente con 15. En Vigo se rexistraron cinco novos casos en tres días e agora hai 15 contaxiados con coronavirus.

En Lugo, xusto na comarca da Mariña, a máis próxima oa Ortegal, é onde se rexistra un dos maiores rebrotes de España. Pasaron de 17 casos a mediados de xuño a 203 a pasada semana. Nos últimos catro días descenderon considerablmente os activos, pero aínda son 171 os contaxiados por Covid.

O CHUF segue con seu plan de detección temperá do Covid e continúa realizando probas diarias, coas que xa se acadan as 16.000, tanto no Marcide, como no punto móbil do Novoa Santos e a domicilio. No área de Ferrol son xa 584 os doentes que superaron o coronavirus e obtiveron xa a altra domiciliaria.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.