Hai xente que dubida dos tan coñecidos “flechazos” ou amores a primeira vista, pero en cambio moitas outras seguen apostando polos romances espontáneos. Esto foi o que lle ocurriu a unha turista procedente de Madrid, a cal viña a pasar uns días a Ferrol xa que quería rencontrarse cun dos seus compañeiros de Erasmus propio da comarca.
“Ese día fumos á praia de Doniños toda a tarde pero non foi ata cando estaba a anoitecer que Lucía viu ao mozo en cuestión”, explicaba Sandra, a amiga que subiu a foto a Twitter procurando coñecer algo máis sobre o príncipe azul e así poder axudar á Lucía. “Nós estabamos facendo fotos e eles estaban ao redor, non falaron pero mirábanse continuamente, aínda que ningún dixo nada”, lamentábase Sandra ao pensar no que puido ser pero non.
A foto en cuestión realizárona para unha amiga pero por casualidades do destino o tan admirado mozo saía detras da instantánea, polo que non o dubidaron dúas veces: “A miña amiga pediume que subira a foto a Twitter, obviamente en broma xa que non te esperas que aconteza nada pero nunca se sabe”. De feito, á hora de marcharse do areal, voltando para o aparcadoiro a idílica parella volveuse a atopar -xa que os seus coches estaban preto un doutro- polo que as miradas furtivas volveron a facer das súas. Tal vez a historia quede aquí, ou pode que as redes sociais fagan das súas e haxa unha segunda parte para esta anecdótica historia.
Discussion about this post