Os alumnos da programa Relevo2020 coñeceron de primeira mán a confraría de Barallobre

A actividade organizada polo GALP Golfo Ártabro Norte permitiu aos participantes coñecer a estructura e funcionamento do pósito local
foto 2

Os alumnos que están participando no programa formativo Relevo2020, posto en marcha polo GALP Golfo Ártabro Norte, e que se está celebrando todos os martes no Antigo Hospicio de Ferrol, visiaron a confraría de mariscadores de Barallobre. Unha actividade que se enmarco como complemento á formación que reciben semanalmente.

O alumando puido coñecer, da man de Jorge López , o patrón maior, a estructura e funcionamento da confraría ademais de ver o produto extraído (ameixa, ostra….) polas persoas asociadas do pósito. Coñeceron tamén a parte de depuradora e o punto de venta final que xestionan tamén dende a propia confraría.

Estas visitas son interesantes non só pola información recibida senón porque poñen ao alumnado en contacto directo coas persoas e entidades do sector, ademais de achegalos ás actividades e profesións do mesmo e amosarlles de xeito directo o día a día das xentes do mar.

O seguinte seminario abordará o camiño dos produtos do mar ata o consumidor final, pasando pola comercialización, depuradoras, ventas, zonas de extracción, toxinas, especies comerciais, tallas mínimas ou vedas, entre outros. Haberá máis visitas e encontros.

O programa de contidos do proxecto está estruturado de maneira que o alumnado participa en dous seminarios e dúas titorías mensualmente e que, nesas sesións pode coincidir unha visita a algunha zona ou entidade de interese ou ben un encontro con algunha persoa do sector ou que desenvolva a súa actividade en relación a él.

O primeiro dos seminarios versou sobre o sector pesca – mar e o seu obxectivo non foi outro máis que o de ofrecer unha visión xeral da estrutura que ten o sector, de cómo se organiza, coñecer recursos web nos que obter información de interese e recoñecer o peso que ten na comunidade galega.

 

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.