A limiá Esmeralda Fernández emociona en «The Voice Portugal» e conquista a Fernando Daniel

A cantante leva anos na música e foi vista en diferentes programas e certames como "Recantos", do Luar, ou "A liga dos cantantes"
Esmeralda Fernández durante a súa audición no programa | @THEVOICEPORTUGAL
Esmeralda Fernández durante a súa audición no programa | @THEVOICEPORTUGAL

A cantante Esmeralda Fernández, de Xinzo de Limia, continúa abríndose camiño no mundo da música coa súa participación en «The Voice Portugal», onde logrou captar a atención do recoñecido cantante portugués Fernando Daniel e de quen pasou a formar parte do seu equipo tras a súa actuación nas audicións a cegas do programa.

Esmeralda no momento no que Fernando Daniel voltou a súa cadeira | THE VOICE PORTUGAL

Anos de traxectoria musical culminan nunha gran oportunidade

A cantante leva anos vinculada á música e xa foi vista en diferentes programas e certames como «Recantos», do clásico Luar, ou «A liga dos cantantes», acumulando experiencia sobre os escenarios antes de afrontar este reto internacional. A propia artista destacou en publicacións compartidas nas súas redes sociais que a música forma parte esencial da súa vida e que leva anos traballando para converter a súa paixón nun proxecto de futuro. Ese esforzo vese agora recompensado coa oportunidade de competir un formato seguido por miles de espectadores en Portugal.

Un orgullo para Xinzo de Limia

A súa participación en The Voice Portugal representa un fito especial para Esmeralda Fernández, que vive esta experiencia como unha oportunidadepara dar visibilidade a Xinzo de Limia e á comarca fóra de Galicia.

O apoio da veciñanza e dos seus seguidores non deixou de medrar desde que se coñeceu a súa incorporación ao concurso, onde continúa o seu camiño da man de Fernando Daniel. A artista converteuse así nun motivo de orgullo para a Limia e nun exemplo de constancia e esforzo na procura do seu soño musical.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.