Aínda quedan prazas dispoñibles para participar no proxecto realizado polo GALP Golfo Ártabro Norte xunto con outros catro GALP galegos -GALP Mariña Ortegal, Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible, GALP Golfo Ártabro Sur e GALP Ría de Arousa-.
Relevo xeracional no sector pesqueiro
Este proxecto de colaboración está centrado na capacitación de mozos e mozas, a través da formación e dun mellor coñecemento dos recursos do territorio, a fin de fomentar e acadar o relevo xeracional no sector pesqueiro. O proxecto ofrecerá unha visión global do sector aos participantes, facilitándolles a maiores ferramentas e recursos que lles permitan orientar o seu futuro en relación ao sector do mar.
A iniciativa que xa está na súa fase de arranque vai destinada a mozos e mozas dos 16 aos 30 anos que pertenzan a algún dos 50 concellos que conforman os territorios dos cinco GALP. No caso do Ártabro Norte, o territorio abrangue os concellos de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne, Pontedeume.
Discussion about this post