Juncal reclama ao Goberno que paralice o peche da central de As Pontes

O senador ferrolán pediu á vicepresidenta de Teresa Ribera que "protexa a 700 familias" que dependen da actividade da planta
juan_juncal

O portavoz de Enerxía do Grupo Parlamentario Popular e senador pola Coruña, o ferrolán Juan Juncal, reclamou á vicepresidenta 4ª do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, que paralice o peche da central térmica das Pontes.

Durante a comparecencia da vicepresidenta 4ª na Comisión de Transición Ecolóxica celebrada onte na Cámara Alta, Juncal pediu á ministra Ribeira que tome todas as medidas necesarias para impedir o peche da central das Pontes, “e así protexer ás máis de 700 familias que dependen desta central”.

Segundo explicou o senador popular na súa intervención, o peche da central térmica afecta «á actividade de todo un pobo, ademais da camioneiros, empresas de servizo, comercio e hostalería, entre outros. Nas Pontes non vai haber unha transición xusta”, dixo Juncal durnate a comisión.

“Como lle vai a explicar aos veciños das Pontes que Alemaña vai pechar o carbón no ano 2038, ou que Xapón vai abrir 22 centrais térmicas?”, preguntoulle á ministra. “Se algo molesta aos cidadáns é o trato desigual”, denunciou o senador ferrolán.

 

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.