O Delas Fest celebrou unha nova edición deste festival feminista e de arte urbano, que pretende poñer en valor a cultura urbana galega. Do 8 de xullo ao 2 de agosto a comarca de Compostela acolleu unha nova edición deste festival, o primeiro en Europa nado con perspectiva de xénero.
Esta cita, cada vez máis consolidada no circuito estatal, é un punto de encontro entre o arte feminista e a comunidade pois, máis alá dos resultados finais, a organización sitúa o foco en como xorden as obras. As inquedanzas creativas das artistas mistúranse coas historias, saberes e vivencias das comunidades locais. É por iso que apostan pola inmersión contextual da participación veciñal, poñendo en valor o territorio e as historias das mulleres que o viven.
Deste xeito, ademais de roteiros, contactos con asociacións culturais e actividades en centros escolares, a través da entidade organziadora, 7H Cooperativa Cultural, as artistas convidadas desenvolven diferentes ‘encontros anfitroais’ coas comunidadas de cada lugar para coñecer o contexto no que se situarán as obras.
Nesta ocasión, foron catro as intervencións, e tiveron lugar nos concellos de Brión, Negreira e Santiago de Compostela. As artistas encargadas dos ‘pinceis e dos sprais’ foron:
Nana, ‘A infancia está aquí’
A ordense Nana, na Piscina Municipal cuberta de Brión (R/ Lamiño). A súa obra recibe o nome de ‘A infancia habita aquí’. A intervención trascende a propia parede do edificio e intégrase coas árbores e herbas da contorna, «xogando coas luces e as sombras, invitando a quen se achega a cruzar ao outro lado, a un mundo diferente, coma nun cadro de Mary Poppins».

Isa Bermúdez, «Hai que xuntarse máis»
A carballesa Isa Bermúdez, nada en Alemaña, no Centro de Atención Temperá de Negreira (Rúa Rosalía de Castro, 1). «Hai que xuntarse máis», a súa obra retrata fotos familiares propias e imaxes cedidas polo grupo de pandeireteiras e a Asociación de Mulleres Rurais de Alvite, «dando valor aos recordos e vivenzas veciñais».

Janín e Yuda, ‘Labores compartidas’
E as mexicanas Janín Nuz e Yuda, en Santiago (Entre a R/Cruz da Nogueira, 10 e a R/Suarribas, 61). O seu mural ‘Labores compartidas’, retrata a Lourdes e Isabel, que xa reciben cun sorriso a todo aquel que se achegue ao barrio, «reafirmando o carácter hospitalario das xentes que habitan o lugar».

Santiago, inmerso no arte urbano
Estas obras que, tal e como destacou a concellala de Capital Cultural, Míriam Louzao, fan de Compostela ‘un lugar acolledor’, o Concello de Santiago suma a posta en marcha dun museo da arte urbana situado na galería comercial entre a avenida de Rosalía de Castro e Rúa Nova de Abaixo. Artistas como Møu, Xoana Almar, Miguel Peralta, Sekone, Sokram, Lidia Cao, Yoseba Muruzábal e Nove Noel deixarán a súa pegada neste espazo con diferentes propostas, sumando un total de 220 metros cadrados intervidos.