A AC Gazafellos do Val de Negreira está a organizar a segunda edición do seu certame de poesía e relato curto para nenos de terceiro a sexto de Educación Primaria, o Certame das Letras Gazafellas, que o ano pasado tivo un grande éxito de participación.
É posible presentar traballos ata o vindeiro 1 de maio enviándoos tanto ó enderezo electrónico gazafellosdoval@gmail.com como por correo postal ao enderezo da asociación, na Avenidas das Brañas, 6. A extensión máxima na categoría de poesía é dunha páxina e na de relato curto, de cinco.
O premio nas dúas categorías será un vale de 60 euros na Libraría Remuíño de Negreira. Serán escollidos por un xurado designado pola AC Gazafellos do Val, faranse público en maio e entregaranse no acto polo Día das Letras Galegas que organiza esta asociación cultural.