Vivir nun antigo pazo no centro de Santiago de Compostela parece algo impensable. Pero, o certo é que agora é posible. Así o fixo saber unha inmobiliaria galega a través das redes sociais: por 3.500.000 euros, un histórico edificio podería converterse na túa vivenda.
O anuncio presenta a propiedade como “unha xoia arquitectónica cargada de historia”, destacando os seus 1.818 metros cadrados construídos, 20 cuartos e 9 baños. O prezo de saída sitúa o inmoble no segmento máis exclusivo do mercado inmobiliario galego.
Un pazo con historia
O edificio, moi próximo á Catedral de Santiago, é un dos máis emblemáticos da capital. Durante anos, acolleu o colexio dos irlandeses, considerado un dos centros máis famosos de Europa. No século XVIII, o edificio converteuse no histórico pazo que é agora e que funcionou como sede institucional e centro cultural.


Os interesados e as polémicas non tardaron en chegar
Pero a venda deste histórico pazo non só chamou a atención dos interesados pola súa embergadura, senón por tratarse -precisamente- dun pazo. A súa venda desatou unha intensa polémica en redes sociais, onde usuarios debaten sobre o futuro dun dos inmobles con maior carga patrimonial da cidade.
Como en todo, as reaccións dividíronse. Por unha banda, hai quen ve a operación como unha oportunidade para rehabilitar e dar nova vida ao edificio mais, por outro, crece a preocupación pola posible “privatización do patrimonio”, con comentarios que piden unha maior intervención das administracións públicas para protexer este tipo de bens.

