Denuncian novos actos incívicos en Santiago: «Fonseca convertido en rocódromo»

A conta Compostela Resiste vén de sinalar novos actos incívicos na cidade: neste caso, un grupo de homes que animan a outro a trepar por unha columna do pórtico do Pazo de Fonseca
Un grupo de jóvenes escalando el Colexio de Fonseca | Compostela Resiste
Un grupo de jóvenes escalando el Colexio de Fonseca | Compostela Resiste

A conta Compostela Resiste vén de sinalar novos actos incívicos de visitantes e peregrinos na cidade: desta vez, sobre o Colexio de Fonseca, un dos edificios históricos que conforman o casco antigo da cidade, declarada Patrimonio da Humanidade dende 1985.

Na imaxe vese a un grupo de turistas vestidos con camisas de flores escalando sobre a construción, que data do 1688.

A publicación despertou reaccións negativas nas redes sociais, con comentarios que denuncian a inacción das autoridades e sinalan a normalización destas prácticas na cidade: «Desfase absoluto! Que esperan as autoridades?» ou «A pena era non poder deixalo pendurando polos c****ns dende o alto da Berenguela».

Ademais, dende Apatrigal, apuntan que «Escalar monumentos, deixar cadeados ou gravar nomes non son anécdotas: son mostras dunha preocupante falta de respecto» e sinalan que a cidade «non necesita máis visitantes, senón visitantes máis conscientes e responsables«.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.