As galerías que conectan a avenida de Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo en Santiago de Compostela xa non son unhas simples galerías pois acaban de converterse en todo un museo de arte urbano. O proxecto, impulsado pola Consellería de Xuventude, contou con oito consolidados muralistas galegos.
Os artistas participantes, Møu, Xoana Almar, Miguel Peralta, Sekone, Sokram, Lidia Cao, Yoseba Muruzábal e Nove Noel trabajaron durante un mes nunha superficie de 220 metros cadrados. Cada un deles realizou unha obra individual mantendo o seu propio estilo e liberdade creativa pero, ademais, realizaron una obra conxunta na entrada do recinto pola Rúa Nova de Abaixo.

Este mércores, a conselleira de Xuventude, María Rozas, visitou o lugar e reivindicou «a enorme capacidade transformadora da arte urbana, que é capaz de poñer en valor espazos deteriorados ou pouco atractivos«. Asimesmo, sinalou que esta actuación é pioneira en Santiago ao desenvolverse nun espacio pechado así como por reunir artistas que traballaron tanto en pezas individuais como nunha creación colectiva.

Durante a presentación do mural, os artistas presentes sinalaron a oportunidade que lles deu esta iniciativa para visibilizar a creación urbana galega mediante unha coordinación conxunta que á súa vez lles deu total liberdade. Esta exposición «permitiu converter en realidade un proxecto do que os e as muralistas levaban tempo falando, facer unha exposición permanente que permita darlle visibilidade á arte urbana galega«, afirmaron os artistas.