Tanxugueiras, sobre el nuevo disco: «Agardamos que poidades escoitalo antes do Apóstolo»

Las pandeireteiras conceden a Enfoques.gal todos los detalles de su nueva etapa post-Benidorm, con la vista puesta en su 'Xira Midas' y la emergencia cultural y lingüística en Galicia
Tanxugueiras de gira (ROCÍO CIBES)
Tanxugueiras de gira (ROCÍO CIBES)

Han traspasado fronteras desde su participación en el Benidorm Fest, han roto los esquemas del prime time de Televisión Española y han unido a toda Galicia a favor de la lengua y cultura gallegas sin importar ideologías. Ganadoras del pueblo con Terra, Olaia y Sabela Maneiro y Aida Tarrío, Tanxugueiras, ya han recuperado sus vidas un mes después de estar en la nube de Eurovisión. ¿Su próxima parada? La Xira Midas que está a punto de arrancar, el próximo sábado 26 de marzo en la Sala Pelícano de A Coruña, y un nuevo disco que dará continuidad a su nueva sonoridad presentada en el Womex 2021 y que podría ver la luz antes del Día Nacional de la comunidad. Enfoques.gal hemos tenido la oportunidad de conocer al dedillo los planes de las cantareiras en esta nueva etapa.

Toda Galicia disfrazouse de vós neste Entroido. Como levades ser o fenómeno social do país?
Encántanos o Entroido, é un dos nosos momentos preferidos do ano. Non contabamos que a nosa actuación se convertera nun disfrace!

Terra tivo moi boa acollida…
Oxalá esta vaga de orgullo polo noso, pola nosa cultura e música, teña continuidade.

Pasou xa máis dun mes de Benidorm!
Estamos moi agradecidas ao festival, cremos que foi unha boa plataforma para dar a coñecer a música de moitos grupos.

Algo que dicir do «xurado»?
Nada diferente ao que xa dixemos en distintas ocasións. Respectamos a súa decisión.

Pechemos o capítulo. Que consello lle dariades a Chanel para Eurovisión?
Que goce enriba do escenario. Desexámoslle toda a sorte do mundo. Todas e todos estaremos con ela.

A Xira Midas está a piques de comezar. Como vai ser a vosa nova sonoridade?
A nosa nova sonoridade pódese intuír con Midas, Figa Terra. Potente, con moita forza. A electrónica mesturada cos ritmos da terra e de raíz e as pandeiretas van soar con moita enerxía. Oxalá que o público goce tanto coma nós.

Cando teremos nas mans o novo disco?
Agardamos que poidades escoitalo antes do Apóstolo!

Sodes cabeza de cartel nunha chea de festivais. Que supón achegar a cultura galega a cada recuncho do mundo?
Non nos pode facer máis ilusión. É un soño!

Estaredes no Cruïlla, SanSan, Son Rías Baixas, Zeid ou no Río Babel…
É moi forte para nós poder levar a música tradicional galega a citas que non contabamos con chegar, mais fíxose realidade.

Ídesvos reencontrar con moitos compañeiros e cos eurofans. Hai gañas de participar na preparty de Madrid?
Abofé que si! Vale que somos valentes e botadas para diante, pero se nós chegamos a Benidorm foi polos azos e apoios que nos mandou a comunidade de Eurovision Spain.

Sodes as gañadoras do pobo!
Estamos completamente agradecidas e oxalá poidamos devolverlles todo o cariño que nos deron.

Tamén con Rayden colaborastes recentemente combinando folk e rap. Como foi traballar con el?
É o noso amigo, o noso compañeiro, un artista marabilloso, moi xeneroso. Colaborar con el en Averno foi unha grande experiencia!

Que máis colaboracións podemos agardar nos vindeiros meses?
Queremos colaborar con todo o mundo. Temos algúns temas gravados que sairán proximamente e outros encamiñados.

Últimamente tedes aos seguidores enganchados nas redes. Podedes aclarar o «drama» das filloas?
(Rin). O debate normalmente no Entroido é se es de filloas ou de orellas, non? Pois o noso é se filloas salgadas ou doces…

Representades a toda unha xeración que quere defender o noso. Pesa nas costas esta grande responsabilidade?
Antes que nós estivo Mercedes Peón, Berrogüeto, Leilía… A nosa xeración recolle todo ese orgullo que elas nos trasladaron. Cremos que temos un papel importante neste momento, pero é unha responsabilidade colectiva, non só nosa.

Pero tedes un papel central…
Nós seguimos sendo as mesmas e defendendo as posturas e ideas que defendemos sempre. Oxalá que veñan moitas outras xeracións que defendan a nosa cultura e patrimonio.

Despois de celebrar o Día da Lingua Materna, cal é o futuro do galego?
É algo que nos preocupa. Vemos enquisas e artigos recentes que alertan dunha situación difícil para o noso idioma.

Hai unha estratexia neste eido?
Cremos que cómpre facer un traballo máis fondo de aposta pola defensa e difusión da lingua en todos os niveis: administración, entidades e sociedade en xeral. Coidar a nosa lingua é coidar non só o futuro do noso idioma, senón da nosa cultura e identidade. O futuro do país.

Francia participará este ano en Turín cantando en bretón co grupo Alvan&Ahez e a canción Fulenn, un tema trad semellante a Terra. A xente chámanlles as «Franchugueiras» e eles mesmos declararon ser admiradores vosos. Que vos parece a súa proposta?
Parécenos marabilloso que as linguas minorizadas teñan presenza nunha plataforma como é Eurovisión. É o momento de visualizar que existen moitas tradicións que conviven en Europa.

As vosas candidaturas teñen certas semellanzas!
Parecidos razoables? Si, somos mulleres, temos unha proposta diferente ou singular e poñemos en valor unha lingua que habitualmente non ten representación neste tipo de eventos.

Pero…
Somos estilos e proxectos moi diferentes. Alén diso, é ben bonito ver as posibilidades que se abren para outras identidades nestes certames. Oxalá teñan un longo percorrido!

Que se conseguiu co galego?
Nós agradecemos que a nosa lingua e música tivese, por fin, máis visibilidade, que se vexa que na península existen folclores fermosísimos, non só o flamenco, que merecen ter o seu espazo.

Tedes que pasar o testemuño. A que artista galego recomendariades participar no Benidorm Fest 2023?
Participar non sabemos, pero presentar… deberían facelo Xosé Ramón Gayoso e Xosé Manuel Piñeiro.

Como?
O mundo ten que coñecer ese dominio do micro e do queixo. E Piñeiro ten un coñecemento amplísimo de Eurovisión.

TVG está a emitir o Festival da Canção, o proceso de selección da RTP para Eurovisión. Se cadra, poderiades tentalo o ano que ven por Portugal?
Nós para este ano e o que vén estaremos a tope coa xira e presentando o noso novo disco. Iso é o que temos en mente…

Disque a Xunta vai ter unha vacante en breve. Quen debería ocupar o posto que «deixa» Feijóo?
En Enfoques podedes facer coma as compañeiras de Eurovision Spain, coa Elección Interna, unha enquisa a ver que sae das intervencións no Parlamento de Galicia.

O «efecto Tanxugueiras» ven pra quedar?
Oxalá as institucións e entidades teñan capacidade de facer esta lectura e ter ocasión de apostar pola nosa cultura e industria musical.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.