A XXI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte volven a Cee esta fin de semana

O sábado e o domingo haberá exposicións, charlas na Casa da Cultura e degustacións de petiscos en locais de hostalería de Cee
Imaxe de arquivo dunhas xornadas micolóxicas | CEDIDA
Imaxe de arquivo dunhas xornadas micolóxicas | CEDIDA

As XXI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte volven esta fin de semana a Cee cun completo programa de actividades: a Casa da Cultura acollerá unha exposición de cogomelos e diferentes traballos escolares, mentres que tamén haberá charlas e será posible degustar petiscos cos cogomelos como protagonistas en diferentes locais de hostalería de Cee.

A exposición estará aberta tanto sábado como domingo de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas, con visitas guiadas pola mesma ás 12:30 horas os dous días. Tamén na Casa da Cultura haberá charlas ás 17:30 horas: o sábado Brais Pichel Díaz, chef do Restaurante Terra, falará sobre «Setas, sabores e texturas», mentres que o domingo José Manuel Castro Marcote ofrecerá «achegamento ó xenero Boletus s.I».

En paralelo a estas actividades, haberá degustación de petiscos de cogomelos tanto o sabado coma o domingo en Hotel Larry, Mar de Crebas, A Mariña, As Viñas, Café Bar O Rincón de May e Taberna mariñeira O Ribeiro.

As Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte están organizadas pola Asociación Micolóxica Naturista Pan de Raposo coa colaboración do Concello de Cee e de Milar Cee.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.