A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Cee organizou para o vindeiro sábado 26 de novembro a marcha «Cee, camiñando pola igualdade», un acto que busca conmemorar o 25N, o Día pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

A marcha, que terá un percorrido de 2,7 quilómetros polo centro urbano de Cee, sairá ás 12:00 horas dende a Praza 8 de Marzo. É posible inscribirse na Concellería de Benestar Social e Igualdade, no Centro de Información á Muller ou no teléfono 981745100.