Dumbría celebra o Día das Letras Galegas

Ao longo da semana haberá actividades de dinamización para todas as idades nas cinco bibliotecas municipais

As Letras Galegas en Dumbría | CONCELLO DE DUMBRÍA

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, as cinco bibliotecas municipais de Dumbría acollen actividades para a poboación infantil, xuvenil e adulta. Ao longo de toda a semana levarán a cabo diversas actividades de dinamización da lectura dirixidas ao público infantil e xuvenil, cunha mesa redonda sobre o papel da muller na literatura galega, unha selección e exposición de libros en lingua galega para todas as idades e actividades de dinamización da lectura ao longo de toda a semana.

A programación comezará o luns coa actuación do Mago Paco que, a través do programa Ler Conta Moito, traerá ata a biblioteca do Conco o seu espectáculo “Maxia Divertida: Contamaxias”. Será ás 11:00 horas e asistirá todo o alumnado do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría. Durante a visita, a rapazada aprenderá máis sobre o funcionamento das bibliotecas municipais e poderán buscar entre os estantes para atopar os seus libros preferidos.

Como peche á semana, o venres 19 ás 19:00 horas a biblioteca do Conco acollerá a mesa redonda “A muller e as Letras en Galicia”, na que se falará sobre o papel que a muller tivo e ten na literatura galega. O blog do departamento de Cultura e as redes sociais municipais amosarán tamén contidos arredor da celebración desta efeméride.

Salir de la versión móvil