A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego – Apatrigal – vén de presentar unha denuncia polo derribo da histórica Casa de Baños do Outeiro. O inmoble, vinculado ao Ben de Interese Cultural de As Burgas e o seu entorno, comezou a ser derribado durante a segunda semana de agosto. A asociación, nun escrito de 67 páxinas, sinalou na súa denuncia ante a Fiscalía Provincial as circunstancias que rodean á destrucción do lugar así como a posible desaparición de elementos de valor patrimonial durante os traballos.

Abandono, okupación e un incendio
A demolición produciuse tralo incendio que tivo lugar no edificio o pasado 15 de maio, onde agravouse moito o estado do coxunto formado por tres edificios. Aínda así, antes disto o inmoble non gozaba das condiciones idóneas para un ben histórico e con este valor. No 2012 o edificio sufriu o seu abandono, e o que continuou a este feito foron anos de abandono, okupación e espolio que non se viron mellorados cando o Concello de Ourense asumiu a súa propiedade en 2016.
Tralo incendio acontecido este ano, o Centro Cultural que preserva o legado de Daniel Vázquez-Gulías, o deseñador do inmoble, fronte ao que está a súa nieta Lucila Vázquez-Gulías, reclamou ao Concello e á Dirección Xeral de Patrimonio que se levaran a cabo actuacións de seguridade, conservación e protección do edificio.
Piden saber o por que
Dende Apatrigal tamén recordan como, doce días despois do incendio, eles tamén solicitaron á administración medidas urxentes para evitar máis danos na instalación. Para eles resulta clave coñecer que foi o que sucedeu para determinar a demolición, piden «saber que informes técnicos elaboráronse tralo incendio, que alternativas de consolidación e restauración foron estudadas e quen decidiu finalmente que o derribo era necesario».
«Non se pode converter o incendio nunha sentencia de morte para o patrimonio, non elimina a protección dun BIC nin autoriza automáticamente a súa demolición», afirman dende a asociación. Ademais o presidente de Apatrigal, Carlos Henrique Fernández, comunicou que «a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia establece que non se pode demoler un BIC sen a correspondente autorización da administración competente en materia de patrimonio cultural», por iso considera «imprescindible» determinar si existía «tal autorización» e no caso contrario «por que comezou a demolición sen ela«.
Doutra banda, a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta cando tivo coñecemento do suceso, abriu un expediente de dilixencias informativas co fin de reunir os datos sobre o feito. Ademais, notificaron de oficio ao Concello a petición da información así como o emprazo á paralización da demolición ata que a información fose clarificada.
Porén, Apatrigal confirmou que os traballos continuaron trala intervención da Xunta, provocando máis destrozo e desaparición do patrimonio.
A denuncia da asociación non anticipa responsabilidades penais. Su obxectivo é poñer os feitos en coñecemento do Ministerio Fiscal para determinar se poden considerarse delito e que existan responsabilidades de ser o caso. Ademais, piden que os restos que quedan sean preservados e identificados, como a escaleira, as bañeras ou outros elementos antigos que formaban o establecemento.
O BNG denuncio tamén a acción, afirmando que o paso de tres meses dende o incendio invalida o argumento de urxencia que permitiría saltarse a redacción dun proxecto técnico antes de licitar a obra. Aseguran que non existe en Patrimonio ningunha solicitude de autorización para intervir no edificio.