A capital lucense amenceu onte cunha nova pincelada do seu coñecido artista Primo, antes coñecido como Primo Bansky. Nesta ocasión, busca homenaxear a unha das figuras da cultura española máis importantes de todos os tempos: o poeta Federico García Lorca, asasinado hai 90 anos. Grazas ao artista lugués, nos muros das escaleiras que conectan o Parque Rosalía de Castro coa rúa Fray Plácido Rey Lemos, Lorca cobrou vida.
Foi na madrugada do 18 de agosto de 1936 nunha carretera entre Víznar e Alfacar, na provincia de Granada, cando as forzas franquistas mataron a Lorca ao comezo da Guerra Civil. O seu corpo foi enterrado nunca fosa común e a día de hoxe ninguen foi quen de atopalo. Durante o réxime franquista (1939-1975), a obra de Lorca e a súa morte eran temas censurados pola oposición e contrariedade do poeta ás ideas da ditadura. Aínda así, a súa obra rodou por España de modo clandestino e estivo moi presente en México ou Arxentina, onde trataron de manter vivo o seu recordo.

Lorca, na procura de Lorca
A modo de homenaxe a unha figura que representa a liberdade e a súa morte a inxustiza, o artista lucense debuxou en acrílico e tinta china sobre papel kraft, a un Lorca en movemento. Está vestido co mono azul tan característico de ‘La Barraca‘, compañía teatral universitaria coa que percorreu España achegando a cultura a moitos lugares do país. Doutra banda, destacan o pico e a pa que leva nas mans, co que parece representarse a procura do seu corpo e o de miles de vítimas dos franquistas e da Guerra Civil. O goberno de España estima que existen6.000 fosas comúns en todo o territorio e que nelas habería máis de 10.000 persoas sin indentificar. Os expertos indican que este último número podería ser moito mayor.
Unha homenaxe máis ao artista
Non é a primeira vez que Primo conmemora ao poeta granadino. Un dos seus traballos máis recoñecidos pode verse no Vello Cárcere de Lugo, onde representou a Lorca co seu propio corpo morto en brazos. Esta obra cobrou tal relevancia que o Concello de Lugo impuxo medidas para a súa protección. Ademáis, neste mesmo lugar pode atoparse a pintura na que homenaxea a obra ‘A derradeira lección do mestre’. En Lugo pode atoparse ó mestre morto mentres que en Santiago de Compostela pintou ós dos rapaces que o miran.


Doutra banda, tamén deixou na cidade lucense diversos versos inspirados en ‘Poeta en Nueva York’, unha das obras mais recoñecidas do autor. E, o verán pasado, pegou pola cidade pósters de Lorca cunha pregunta clara «¿No me encontraron? No.», facendo referencia aos aclamados versos do artista.