O FICBUEU celebra a súa 19ª edición: mergúllate nas dúas semanas de programación cultural

Durante as dúas primeiras semanas de setembro, Bueu mergullarase na ciencia ficción cunha nova entrega do FICBUEU
Imagen de archivo de una edición anterior del FICBUEU | FICBUEU
Imagen de archivo de una edición anterior del FICBUEU | FICBUEU

Do 4 ao 19 de setembro, o Morrazo volverá acoller unha nova edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU). Durante dúas semanas, o festival ofrecerá unha extensa programación cultural para todos os públicos, repartida por diferentes espazos do municipio e coa curtametraxe como principal protagonista.

Esta 19ª edición reafirma o peso do FICBUEU no circuíto internacional de festivais, especialmente tras a súa incorporación á listaxe de festivais calificadores para os Premios Goya. Neste contexto, a dirección do certame afronta a nova edición con especial expectación e compromiso e asegura ter “a sensación de estar diante dunha das mellores Seccións Oficiais da historia do festival”.

Os exteriores do Centro Social do Mar, o seu Auditorio e Sala Multiusos, e a Sala Amalia Domínguez Búa serán algúns dos principais escenarios nos que se desenvolverán as diferentes actividades, encontros e proxeccións que conforman o programa desta edición.

Imaxe de arquivo dunha edición anterior do FICBUEU, nunha das xornadas de proxección da ‘Sección oficial’ | FICBUEU

No apartado competitivo, o festival contará coa Sección Oficial e con diferentes seccións paralelas, entre as que se atopan GZ_00, dedicada ao cinema galego; as Escolas de Cinema Internacionais; as Escolas de Cinema Galegas e Descubertas. A programación incluirá tamén unha Sesión Retrospectiva de Ciencia Ficción, baixo o título ‘Anticipar o presente: un século de curtas de ciencia ficción’, que realizará un percorrido polo xénero a través do formato curto.

O certame repartirá numerosos recoñecementos, entre eles o Primeiro Premio, Premio do Público, Mellor Curtametraxe Galega, Mellor Curtametraxe Española, Premio Descubertas e Premio GZ_00, ademais dos galardóns ás mellores curtametraxes das Escolas de Cinema Internacionais e das Facultades e Escolas de Cinema Galegas. O xurado oficial estará integrado por Magdalena Arau, Masoud Soheili e Miguel Dias, encargados de valorar as obras da Sección Oficial.

A programación completarase coas xornadas de encontro ‘Os límites do cinema’, unha proposta que busca explorar os límites éticos, culturais, estéticos e industriais do cinema. A través de mesas redondas, clases maxistrais e unha proxección, o festival convidará a reflexionar sobre o que vemos na pantalla, pero tamén sobre como e por que se constrúen esas representacións. Entre os participantes estarán Jara Yáñez e Antonio José Navarro.

Imaxe de arquivo dunha edición anterior do FICBUEU nunha das sesións das ‘Xornadas cinematográficas’ | FICBUEU

O público máis novo terá tamén o seu propio espazo dentro do festival co MiniFic, que do 14 ao 19 de setembro ofrecerá sesións para escolares, obradoiros, concertos e proxeccións pensadas para achegar o cinema ás novas xeracións. A proposta estará acompañada pola Ludoteca FICBUEU, un servizo gratuíto de conciliación familiar para rapazada de entre 3 e 12 anos.

Tamén o proxecto editorial Cadernos FICBUEU, «que afonda nas obras presentadas e no contexto que as enmarca, contribuíndo á reflexión e á historiografía da curtametraxe», sumará unha nova entrega nesta edición co Caderno FICBUEU #7, que estará dispoñible en físico durante a celebración do festival e todo o ano na súa tenda online.

Venres 4: xornada de apertura

  • 20:00 h — 🎬 Concerto. Chus Pazos Ensemble 📍 Exteriores do Centro Social do Mar
  • 21:00 h — 🎬 Apertura do festival e proxección de La Jetée, de Chris Marker 📍 Auditorio

Sábado 5: xornadas cinematográficas

  • 10:30 h — 🎬 Mesa redonda: Límites da representación no cinema contemporáneo 📍 Sala Multiusos
  • 12:30 h — 🎬 Clase maxistral: Autocensura e cancelación 📍 Sala Multiusos
  • 16:30 h — 🎬 Clase maxistral: Fronteiras difusas: a industria e as súas marxes 📍 Sala Multiusos
  • 18:30 h — 🎬 Mesa redonda: Colonización e resistencia no cinema contemporáne 📍 Sala Multiusos
  • 20:30 h — 🎬 Proxección de Les Rendez-vous d’Anna, de Chantal Akerman 📍 Auditorio

Domingo 6: certame de curtametraxe

  • 11:00 h — 🎬 Presentación do Caderno FICBUEU #7 📍 Sala Amalia Domínguez Búa
  • 12:30 h — 🎬 Sección Retrospectiva: Ciencia Ficción 📍 Auditorio
  • 18:00 h — 🎬 Sección Descubertas 📍 Auditorio
  • 20:00 h — 🎬 Sección GZ_00 📍 Auditorio
  • 21:30 h — 🎬 Coloquio Sección GZ_00 📍 Sala Amalia Domínguez Búa

Dende luns 7 ao Xoves 10: certame de curtametraxes

  • 19:00 h — 🎬 Sección Oficial 1/2/3/4 📍 Auditorio
  • 20:30 h — 🎬 Coloquio coa Sección Oficial 1/2/3/4 📍 Sala Amalia Domínguez Búa
  • 21:30 h — 🎬 Sección Oficial 1/2/3/4 📍 Auditorio

Ademais, o venres 11: Certame de curtametraxes e seccións paralelas

  • 17:00 h — 🎬 Sección Escolas Internacionais 📍 Auditorio
  • 19:00 h — 🎬 Sección Oficial 5 📍 Auditorio
  • 20:30 h — 🎬 Coloquio Sección Oficial 5 📍 Sala Amalia Domínguez Búa
  • 21:30 h — 🎬 Sección Oficial 5 📍 Auditorio

O sábado 12: fin da certame e palmarés

  • 17:00 h — 🎬 Sección Escolas Galegas 📍 Auditorio
  • 19:00 h — 🎬 Sección Oficial 6 📍 Auditorio
  • 20:30 h — 🎬 Coloquio Sección Oficial 6 📍 Sala Amalia Domínguez Búa
  • 21:30 h — 🎬 Sección Oficial 6 📍 Auditorio
  • 23:00 h — 🏆 Entrega de premios 📍 Sala Multiusos

O domingo 13: proxección

  • 18:30 h — 🎬 Proxección do Palmarés FICBUEU 2026 📍 Auditorio

Dende o luns 14 ao sábado 19: MINIFIC

  • 🎬 Proxeccións para escolares
  • 🎬 Gala Escolas Galegas
  • 🎨 Obradoiro de cartelería
  • 🎵 Concerto de Pakolas
  • 🎬 Sección Curtas en Familia

A programación inclúe, ademais, unha actividade previa á inauguración oficial: ‘Cinema na praia’, que o venres 28 de agosto levará á praia de Bueu, na zona de Banda do Río, unha escolma de curtametraxes doutras edicións do festival.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.