Pablo J. Rañales aposta polo terror con ‘Espigas queimadas’

A editora independente Calacán anuncia a súa nova publicación cunha obra de terror psicolóxico que explora as escuridades da sociedade
BeFunky-collage-2

A editorial independente de Miño, Calacán Editora, dirixida por Iago Fandiño e Rober Cagiao, vén de anunciar a súa seguinte publicación na que apostan polo terror literario como xeito de explorar os medos colectivos da actualidade co libro en formato de peto ‘Espigas queimadas’ de Pablo J. Rañales (Mugardos, 1999).

O escritor Pablo J. Rañales / CALACÁN EDITORA

O escritor, e tamén xornalista cun mestrado en Comunicación en Medios Sociais da Universidade de Vigo leva no mundo literario dende 2015, onde colaborou por primeira vez na obra ‘La narrativa de suspense’. Mais tarde, publicaría o relato ‘Amor imperfecto’ na revista norteamericana Contrapuntos V e obtendría o Premio de Literatura Experimental (2020) da Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Tras publicar a súa terceira novela, ‘Os afogados’, gañou o Premio Illa Nova Narrativa en 2023.

Os círculos viciosos en Espigas queimadas

A novela do escritor galego adéntrase no terror psicolóxico para narrar unha historia ambientada no concello de Cervantes e que afonda no horror das relacións sociais e amorosas que poden chegar a construir dinámicas tóxicas e viciosas.

A historia trata de responder unha pregunta clave a raíz de Alba, unha muller asesinada e Rafael, un home colgado no baño: que leva a unha parella que se amaba a este punto? Enxaulados nunha habitación dunha casa rural afondarán no desexo, a culpa e os resentimentos.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.