Vilagarcía presume de cultura cunha fin de semana de grandes espectáculos ao aire libre

Jhames Rodes, Carlos Blanco, Repion e a Banda de Música de Vilagarcía forman parte das actividades programadas polo concello
James Rhodes en su espectáculo Manía | Redes sociales
James Rhodes en su espectáculo Manía | Redes sociales

Vilagarcía convértese esta fin de semana nun gran escenario cultural ao aire libre: música clásica, humor galego, rock alternativo e tradición de banda conflúen nunha programación que reúne nomes propios do panorama estatal e talento da casa.

Música, humor e moita tradición

O Auditorio abrirá a fin de semana o venres coa chegada de James Rhodes, un artista capaz de transformar un concerto de piano nunha experiencia íntima e emocionante. O músico británico mesturará interpretación e conversa co público nun espectáculo onde Bach, Chopin ou Beethoven dialogarán coas historias que agochan as súas composicións.

O pianista James Rhodes durante un dos seus concertos

O sábado será a quenda da retranca. Carlos Blanco regresa á súa vila cun dobre pase de “A penúltima”, unha proposta cargada de humor, memoria e anécdotas co selo inconfundible dun dos grandes referentes da comedia galega.

«Achegate ao Salón!», a proposta cultural do ano

Xa o domingo, o ciclo “Achégate ao Salón!” apostará polos sons máis alternativos coa presenza de Repion. As irmás Teresa e Mariña Iñesta levarán ao Salón García a enerxía do seu grunge-pop e do seu último traballo discográfico, “201”. A programación pecharase na Praza da Peixería co tradicional Concerto de Primavera da Banda de Música de Vilagarcía, acompañada nesta ocasión pola solista Mariña Nogueira.

O ciclo de concertos comezou o pasado 8 de febreiro con Merino, o grupo formado por Sandra Merino e Álex Gallego que, dende os seus comezos en 2019, conseguiron encher salas e festivais grazas á súa presenza no escenario.

Imaxe promocional dos concertos ‘Achegate ao salón!’ | Concello de Vilagarcía

O broche final poñerano o 26 de abril Gala i Ovidio, o proxecto máis alternativo de Aída Tarrío, integrante de Tanxugueiras, xunto ao produtor Raül Refree. Ambos, que se definen como “almas xemelgas”, toman o nome dos fillos xemelgos de Rosalía de Castro para dar forma a unha proposta sonora singular e arriscada. O dúo chega con Un final que parece un principio, un traballo creado a catro mans no que conviven a electrónica e a lírica pop, a experimentación e a delicadeza, sobre unha instrumentación intensa e pouco convencional.

Unha fin de semana -e un trimestre- noque Vilagarcía reafirma a súa aposta pola cultura en directo e por unha oferta capaz de atraer públicos de todas as idades.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.